Este artigo trata sobre un fungo, para o arbusto "Viburnum opulus" véxase o artigo: Flor do mundo.
A bóla de neveNome vulgar en galego en Diccionario das ciencias da natureza e da saúde (A-C) A Coruña, Deputación da Coruña, 2000 Agaricus arvensis, é unha especie de fungo comestíbel, basidiomicetos da familia Agaricaceae.
Características Foi descrito por Jacob Christian Schaeffer en 1762. A forma do chapeu (Píleo) é convexa, a superficie é seca e a súa cor é branca, tornándose en amarelento coa madureza, a carne é branca cun cheiro doce que lembra ao das améndoas. Miden até 20 centímetros de diámetro, o pé é de cor abrancazada, cun anel, e pode medir até 4,5 centímetros de longo e 3,5 centímetros de espesor.
Comestibilidade É comestíbel e está considerado un dos cogomelos máis ricos polo seu sabor. Atópanse en feixes preto das corte e entre os pastos e en campos de xogo, en Galiza e Gran Bretaña, medran polo outono preto do inverno.
Ollo!: A determinación dun fungo e a súa comestibilidade poden ser realizadas e certificadas por micólogos expertos, ou polos centros de control das autoridades sanitarias competentes. A información errónea ou incompleta pode causar danos por envelenamento ou intoxicación mortal. Non consuma cogomelos apañados no monte sen o consello dun experto, xa que podería pór en risco a saúde e incluso a vida a vostede e aos seus convidados.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Agaricus (xénero) Bóla de neve dos bosques (Agaricus silvicola)
Bibliografía Roger Phillips (2006). Mushrooms. Pan MacMillan. ISBN 0-330-44237-6.
Ligazóns externas
http://mushroom-collecting.com/mushroomhorse.html Agaricus arvensis en inglés) http://www.mushroomexpert.com/agaricus_arvensis.html (en inglés)
Categoría:Agaricus Categoría:Fungos de Galicia Categoría:Fungos comestibles Categoría:Fungos descritos en 1762