Miguel Enrique Cabanela González-Seco, nado en Mondoñedo en 1942 é un cirurxián galego, un dos máis importantes especialistas mundiais en cirurxía de cadeira e xeonllo, e en ortopedia.

Biografía miniatura|Mondoñedo, a vila natal do cirurxián; de costas a estatua do seu tío Álvaro Cunqueiro. Nado en Mondoñedo (Lugo) en 1942 é sobriño do ilustre escritor de literatura galega Álvaro Cunqueiro e fillo de Enrique Cabanela, que fora médico en Mondoñedo, e pioneiro da cirurxía xeral na comarca, fundador e director dun sanatorio cirúrxico privado no que operaba toda clase de doenzas.

Despois de estudar e se licenciar en Medicina en Santiago de Compostela en 1965, trasladouse aos Estados Unidos en 1967, para desenvolver a súa carreira, primeiro no Mercy Hospital universitario de Chicago. Realizou a súa residencia na famosa Clínica Mayo, formándose coma especialista en cirurxía de cadeira e xeonllo no centro de Rochester (Minnesota). Dende aquela exerceu neste hospital e actualmente é o xefe de Cirurxía Reconstrutiva na mesma Clínica Mayo onde salienta pola súa galeguidade arredor do xigantesco centro sanitario, con 2.158 médicos e outros tantos estudantes e residentes. Na clínica Mayo, cada xefe de servizo acuña un símbolo, nas portas dos cuartos dos pacientes de Cirurxía Ortopédica había un pequeno escudo cun zoco e un paraugas sobre o que caía a choiva, lembrando a súa morriña por GalizaDeclaracións do doutor Trillo para El País .

É membro da Asociación Estadounidense de Cirurxiáns de Cadeira e Xeonllo, e da Fundación Nacional de Osteonecrose, tamén dos Estados Unidos. Ten máis dun cento de artigos de investigación publicados en revistas científicas do campo da cirurxía ósea e da ortopediaCurrículo do doutor Cabanela , web da aseguradora Vitals..

Na actualidade o doutor Miguel Cabanela imparte simposios e conferencias por todo o mundo. A súa dona, española, é física nuclear. Ten dous fillos, mais ningún deles se inclinou pola medicina; un deles é astrofísico e o outro experto en literatura inglesa.

Importancia médica e recoñecementos É unha das figuras mundiais na súa especialidade. Varias voces do ámbito da cirurxía ortopédica recoñecen a gran competencia de Cabanela en cirurxía da cadeira, e en especial no eido das próteses de cadeira. A Clínica Mayo de Rochester onde traballa, é o terceiro maior hospital do país e ocupa o segundo lugar na mellor cirurxía ortopédica.

Cabanela participa regularmente en xornadas científicas en Galiza, España e nos Estados Unidos. Os seus méritos, entre eles a autoría de máis de 100 publicacións, foron recoñecidos en diferentes países: foi distinguido polos pacientes estadounidenses en 2012 pola súa excelencia, en 2009 recibiu o primeiro premio español Fenin de Innovación Tecnolóxica e foi nomeado membro de honra da Sociedade Española de Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía.

Miguel Cabanela adoita visitar Mondoñedo dúas veces ao ano, vila da que é Fillo Predilecto dende o ano 2002. Ademais Galiza recoñeceu o labor de Miguel Cabanela concedéndolle a Medalla de Prata da Xunta e anos despois recollería o Premio Nóvoa Santos que outorga a Asociación de Médicos Galegos.

Premio Miguel Cabanela O 1 de abril de 2009, a Federación española de Empresas de Tecnoloxía Sanitariafenin.es entregou o I Premio Fenin á Innovación Tecnolóxica Sanitaria ao doutor Miguel Cabanela, polas súas achegas á cirurxía ortopédica no eido Cirurxía da Cadeira e do Xeonllo. O Premio recolleuno de mans da Ministra de Ciencia e Innovación, Cristina Garmendia, o Presidente da Sociedade Española de Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía, o profesor. Enric Cáceres, quen salientou a importancia do Premio para a Sociedade Española de Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía.

O doutor Miguel Cabanela cedeu a achega á Fundación SECOT para convocar un Premio destinado a realizar unha estadía na Clínica Mayo, Rochester, MN, EUA.http://www.secot.es/getattachment/57f17e68.../Cabanelapremiado.aspx A convocatoria realizouse en base a concurso de méritos a nivel nacional, recibindo o Premio o doutor Jenaro A. Fernández-Valencia Laborde. Posteriormente e a través da SECOT, o Profesor Cabanela convocou anualmente o Premio Miguel Cabanela até a actualidade.

Listaxe de Cirurxiáns Galardoados co Premio Miguel Cabanela: Ano 2009: Doutor Jenaro A. Fernández-Valencia, cirurxián de cadeira en Barcelona. Ano 2010: Doutor Diego García Germán. Ano 2011: Doutor Julio Duart Clemente. Ano 2012: Doutor Oliver Marín Peña Ano 2013: Dotación conxunta a doutores Claudia Lamas Gómez, Vicente Pellicer García e Marcelino Llabrés Comamala.

Operación do Rei Xoán Carlos I de España No mes de setembro de 2013 incrementou a súa fama por ser o encargado de operar ao rei Xoán Carlos I de España dunha cadeira por mor dunha infección asociada a unha prótese que lle fora implantada en 2012. Para este traballo desprazouse a Madrid.

Rexeitou cobrar por este traballo.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Médicos de Mondoñedo Categoría:Galegos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Mondoñedo Categoría:Nados en 1942 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela