Lester Anthony Minnelli, nado en Chicago o 28 de febreiro de 1903 e finado en Beverly Hills (California) o 25 de xullo de 1986, foi un director de cinema e de teatro estadounidense. Utilizou o nome artístico de Vincente Minnelli.

Traxectoria Fillo dun músico co que a familia realizaba xiras por toda a área, traballou como fotógrafo e deseñador de vestiario antes de marchar a Nova York, onde comezou a súa carreira de director teatral. O éxito acadado nesta faceta levou á Metro-Goldwyn-Mayer a contratalo en 1940. Debutou no cine dirixindo Cabin in the Sky, en 1943.

Durante a rodaxe de Meet Me in St. Louis coñeceu a Judy Garland, coa que estivo casado durante seis anos. Deste matrimonio naceu a súa filla Liza Minnelli.

Aínda que Minnelli é especialmente coñecido coma director de películas musicais, como Un americano en París ou Gigi, que lle valeu o Oscar ao mellor director, tamén conseguiu grandes éxitos con comedias ou melodramas, como O pai da noiva ou The Bad and the Beautiful.

Finou en 1986, aos 83 anos.

Filmografía 1943 - Cabin in the Sky 1943 - I Dood It 1944 - Meet Me in St. Louis 1945 - The Clock 1945 - Yolanda e o ladrón 1945 - Ziegfeld Follies 1946 - Undercurrent 1948 - O pirata 1949 - Madame Bovary 1950 - O pai da noiva 1951 - O pai é avó 1951 - Un americano en París 1952 - The Bad and the Beautiful 1953 - The Band Wagon 1954 - The Long, Long Trailer 1954 - Brigadoon 1955 - The Cobweb 1955 - Kismet 1956 - Lust for Life 1956 - Té e simpatía 1957 - Designing Woman 1958 - Gigi 1958 - The Reluctant Debutante 1958 - Some Came Running 1960 - Con el veu o escándalo 1960 - Bells Are Ringing 1962 - Os catro xinetes da apocalipse 1962 - Dúas semanas noutra cidade 1963 - The Courtship of Eddie's Father 1964 - Adeus, Charlie 1965 - The Sandpiper 1970 - On a Clear Day You Can See Forever 1976 - Nina, unha cuestión de tempo

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Directores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Chicago Categoría:Nados en 1903 Categoría:Finados en 1986 Categoría:Óscar ó mellor director Categoría:Directores de teatro dos Estados Unidos de América