Sturla Gunnarsson, nado en Reiquiavik o 1 de xaneiro de 1951, é un director de cine islandés nacionalizado canadense.

Traxectoria Pese a que naceu en Islandia trasladouse con sete anos a Vancouver (Canadá) cos seus pais. Estudou na Universidade da Columbia Británica Literatura Inglesa e estudos de cinematografía, producindo a película A Day Much Like the Others, gañadora de importantes premios nos Festivais estudantis de cine do Canadá e Europa, tamén foi proxectada no Museo de Arte Moderna de Nova York.

Unha vez rematados os estudos trasladouse a Toronto para traballar no National Film Board (NFB). Co seu primeiro proxecto, After the Axe, recibiu o Premio da Academia á mellor produción de documentais. Dende entón gañou numerosos premios, como o Premio Emmy, Premio Genie e Premio Gemini

O seu documental sobre David Suzuki, Force of Nature, gañou o premio do público no Festival Internacional de Cine de Toronto en 2010http://www.thestar.com/entertainment/movies/2010/09/21/the_nature_of_david_suzuki.html.

Filmografía escollida Such A Long Journey (1998) Rare Birds (2001) Gerrie & Louise (2004; documental) Beowulf e Grendel (2005) Force Of Nature (2010; documental)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfíl en IMDb Páxina oficial

Categoría:Nados en 1951 Categoría:Nados en Reiquiavik Categoría:Directores de cinema de Islandia Categoría:Directores de cinema do Canadá