Congo é unha novela de ciencia ficción de Michael Crichton que foi publicada en 1980. A novela céntrase nunha expedición na selva da conca do Congo que viaxa na procura de diamantes e de respostas ás misteriosas mortes da primeira expedición que foi enviada. Crichton chamaba a Congo unha novela de "mundo perdido" na tradición fundada por Henry Rider Haggard con As minas do rei Salomón.
Adaptación cinematográfica En 1995 foi estreado Congo, un filme dirixido por Frank Marshall e protagonizado por Dylan Walsh, Laura Linney, Tim Curry e Ernie Hudson. En xeral recibiu críticas negativas, e foi nomeado a varios Premios Golden Raspberry, incluíndo peor filme. Malia isto, o filme tivo éxito entre o público, recadando $152 millóns en todo o mundo.
Influencias O emprego da lingua de sinais pola gorila está inspirado en parte nos esforzos da doutora Penny Patterson para ensinar a lingua de sinais americana a Koko.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Congo (filme), filme baseado na novela.
Categoría:Obras literarias de 1980 Categoría:Obras literarias en inglés