O Gran Premio de Bélxica de Fórmula 1 de disputouse en Zolder o 25 de maio de 1975. Foi a sexta carreira da tempada de Fórmula Un de , o 33º Gran Premio de Bélxica e a segunda, que se celebrou no Autódromo de Zolder. A carreira levouse a cabo durante 70 voltas sobre os catro quilómetros do circuíto para unha distancia de carreira de 280 quilómetros.

A carreira foi gañada polo piloto austríaco Niki Lauda pilotando un Ferrari 312T, a súa segunda vitoria do ano logo de gañar en Mónaco dúas semanas antes. Lauda liderou 65 das 70 voltas, sacando 19 segundos de vantaxe sobre o piloto de Suráfrica Jody Scheckter no Tyrrell 007. O piloto arxentino Carlos Reutemann co seu Brabham BT44B quedou no terceiro lugar. A vitoria puxo a Lauda na cabeza do campionato por primeira vez en , superando ó líder anterior Emerson Fittipaldi.

Resumo da carreira

Ferrari chegou ó Autódromo de Zolder ávido de pelexa e alentados pola súa vitoria en Mónaco. Niki Lauda gañou a pole logo da descualificación de Carlos Pace o venres por causas técnicas e de que a clasificación do sábado fora suspendida pola choiva. Vittorio Brambilla foi terceiro na grella e Tony Brise asombrando na súa carreira de debut, obtivo a cuarta posición por diante do líder do campionato Emerson Fittipaldi. Ronnie Peterson recibiu unha sanción por estacionar durante a sesión de práctica, logo de aparcar o seu coche nunha posición perigosa no bordo da pista, en lugar de arriscarse a unha picada na trampa de grava. Mario Andretti non participou porque estaba competindo nas 500 Millas de Indianápolis.

Pace adiantouse mentres Brambilla e Regazzoni batíanse en duelo. Jochen Mass e John Watson chocaron, o alemán retirouse, mentres que Watson regresou a boxes co morro danado. Alan Jones tamén tivo que retirarse logo dunha colisión con Jacques Laffite. Arturo Merzario quedou fóra co embrague queimado. Pace tivo problemas cos freos e os pneumáticos fríos e perdeu posicións.

Brambilla tomou o liderado ata a sexta volta, cando foi pasado por Lauda. Tony Brise trompeou na chicane e retirouse pouco despois cun pistón danado. Jody Scheckter avanzou a través da pista para estar no segundo lugar na volta nove. Os freos de Brambilla fallaron e perdeu posicións. Jean-Pierre Jarier trompeou, James Hunt retirouse cunha marcha rota. Clay Regazzoni subiu a terceira posición, pero tivo que entrar en boxes para cambiar un pneumático con ampolas. Lauda lideraba sobre Scheckter comodamente e a carreira converteuse nunha procesión.

Carlos Pace tivo problemas de manexo e perdeu posicións cando perdeu a terceira velocidade. Na volta 49, Ronnie Peterson estrelouse contra as barreiras, mentres Brambilla entregou o terceiro lugar ao cambiar un pneumático con ampolas, pero na reanudación retirouse con problemas de freos.

Fittipaldi tamén tivo problemas cos freos, quedando indefenso ante o ataque de Regazzoni e Tom Pryce para caer do quinto ao sétimo lugar nas últimas seis voltas.

Clasificación Pos Nº Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos 1 12 Niki Lauda Ferrari 70 1:43:53.98 1 9 2 3 Jody Scheckter Tyrrell-Ford 70 + 19.22 9 6 3 7 Carlos Reutemann Brabham-Ford 70 + 41.82 6 4 4 4 Patrick Depailler Tyrrell-Ford 70 + 1:00.08 12 3 5 11 Clay Regazzoni Ferrari 70 + 1:03.84 4 2 6 16 Tom Pryce Shadow-Ford 70 + 1:28.45 5 1 7 1 Emerson Fittipaldi McLaren-Ford 69 + 1 volta 8 8 8 Carlos Pace Brabham-Ford 69 + 1 volta 2 9 14 Bob Evans BRM 68 + 2 voltas 20 10 18 John Watson Surtees-Ford 68 + 2 voltas 18 11 28 Mark Donohue Penske-Ford 67 + 3 voltas 21 12 30 Wilson Fittipaldi Fittipaldi-Ford 67 + 3 voltas 24 Ret 22 François Migault Hill-Ford 57 Suspensión 22 Ret 9 Vittorio Brambilla March-Ford 54 Freos 3 Ret 6 Jacky Ickx Lotus-Ford 52 Freos 16 Ret 5 Ronnie Peterson Lotus-Ford 36 Freos 14 Ret 21 Jacques Laffite Williams-Ford 18 Caixa de cambios 23 Ret 10 Lella Lombardi March-Ford 18 Motor 17 Ret 23 Tony Brise Hill-Ford 17 Motor 7 Ret 24 James Hunt Hesketh-Ford 15 Transmisión 11 Ret 17 Jean-Pierre Jarier Shadow-Ford 13 Trompo 10 Ret 20 Arturo Merzario Williams-Ford 2 Embrague 19 Ret 26 Alan Jones Hesketh-Ford 1 Accidente 13 Ret 2 Jochen Mass McLaren-Ford 0 Accidente 15

Posicións logo da carreira

Clasificación do campionato de pilotos Pos Piloto Puntos 1 Niki Lauda 23 2 Emerson Fittipaldi 21 3 Carlos Pace 16 4 Carlos Reutemann 16 5 Jody Scheckter 15

Clasificación do campionato de construtores Pos Construtor Puntos 1 Brabham-Ford 29 2 McLaren-Ford 26.5 3 Ferrari 26 4 Tyrrell-Ford 19 5 Hesketh-Ford 7

Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas A menos que se indique o contrario, todos os resultados da carreira tómanse de

Bélxica Categoría:Gran Premio de Bélxica de Fórmula 1