Hispania SL foi unha fábrica de lapis e material de escritorio fundada en Ferrol polo empresario ferrolán Alberto Fernández Martín que tiña tamén a empresa de redes Defer, a de bolígrafos Bolfer e a téxtil Textilfer.

Historia Alberto Fernández Martín era representante de material de escritorio e vendo as posibilidades de negocio decidiu fundar a empresa xunto con outros socios: José Andrés Vázquez, Benito Alvariño, Eusebio Pérez del Hierro, Esteban Ramil, Antonio Veiga e Luis de la Muela. Situaron a fábrica no barrio ferrolán de Ferrol Vello, preto do porto de Ferrol.

Nos seus inicios contrataron ao técnico alemán Johann Sindel, que se fixo cargo da dirección da produción e que deu nome a algúns dos seus produtos máis coñecidos. Na década de 1950 iniciaron a produción de bolígrafos. Os anos 1960 e 1970 foron de crecemento da empresa, ata a apertura do mercado español a produtos foráneos, o que supuxo a perda de mercado. A necesidade de actualizar e modernizar a empresa nunca se fixo xa que o mercado estaba a trocar preferindo outros produtos como bolígrafos de cores e portaminas.

Hispania estivo aberta ata 1981. O peche definitivo foi en 1986, cando se tomou a decisión de disolver a sociedade, foi liquidada e vendidas as instalacións. A principios de 2012 derrubouse a vella fábrica de estilo modernista, que xa estaba en ruína.

Marcas thumb|Caixa de lapis Johann Sindel Hispania. Hispania vendía os seus produtos baixo diversas marcas e formatos. O seu logo eran dúas figuras humanas coas mans entrelazadas : Hispania Johann Sindel Mercantil Competidor Plumas de aceiro Peites de caucho

Notas

Categoría:Ferrol Categoría:Empresas de Galicia Categoría:Papelaría