miniatura|dereita|Órganos derivados do ectoderma. O ectoderma superficial ou ectoderma externo é a capa embrionaria a partir da cal se forman as seguintes estruturas corporais:

Epiderme da pel (a derme deriva do mesoderma), xunto con glándulas, pelo, e uñas. Epitelio da boca e cavidade nasal, glándulas salivares e glándulas da boca e cavidade nasal. Esmalte dental (polo contrario, a dentina e a polpa dental fórmanse a partir do ectomesénquima, que deriva do ectoderma). Epitelio da pituitaria anterior. O cristalino, córnea, glándula lacrimal, glándulas de Meibomio e a conxuntiva do ollo. Crista ectodérmica apical que induce o desenvolvemento das xemas que darán lugar ás extremidades no embrión. Receptores sensoriais da epiderme.

Véxase tamén

Ligazóns externas https://web.archive.org/web/20071213145329/http://cwx.prenhall.com/bookbind/pubbooks/martini10/chapter18/custom3/deluxe-content.html

Categoría:Embrioloxía