miniatura|Balantidium coli procedente dunha mostra húmida de feces. Poden verse os cilios que o rodean. Balantidium coli é unha especie de protozoo ciliado parasito que causa en humanos a enfermidade chamada balantidíase."Parasites and Health: Balantidiasis [Balantidium coli]." DPDx - Balantidiasis. 5 Dec. 2008. CDC Division of Parasitic Diseases. 16 de maio de 2009 <http://www.dpd.cdc.gov/dpdx/HTML/Balantidiasis.htm >.Ramachandran, Ambili. "Introduction." The Parasite: Balantidium coli The Disease: Balantidiasis. 23 de maio de 2003. Stanford University. 16 de maio de 2009 <http://www.stanford.edu/group/parasites/ParaSites2003/Balantidium/Balantidium_coli_ParaSite.htm >. É o único protozoo ciliado coñecido patóxeno para os humanos.
Morfoloxía Balantidium coli ten dous estadios no seu desenvolvemento, un estadio de trofozoíto e outro de quiste. Os trofozoítos teñen un grande tamaño de ata 170 microns de longo (xeralmente de 30 a 150) e teñen dous núcleos, macronúcleo e micronúcleo. O macronúcleo é longo e con forma de salchicha, e o micronúcleo esférico e está situado moi preto e a miúdo queda tapado polo macronúcleo. A abertura da célula chamada peristoma, situada no extremo anterior agudo dá paso ao citostoma ou "boca". Os quistes son menores que os trofozoítos, arredondados e cunha rexa e pesada parede constituída por unha ou dúas capas. Xeralmente só son visibles no quiste o macronúcleo e ás veces os cilios e vacúolos contráctiles. Os trofozoítos e quistes vivos son amarelados ou verdosos.Ramachandran, Ambili. "Morphology." The Parasite: Balantidium coli The Disease: Balantidiasis. 23 de maio de 2003. Stanford University. 7 de decembro de 2009 http://www.stanford.edu/group/parasites/ParaSites2003/Balantidium/Morphology.htm .
Transmisión Balantidium é o único protozoo ciliado que infecta aos humanos, causando balantidíase. A balantidíase é unha enfermidade zoonótica e os humanos adquírena pola ruta fecal-oral a partir do seu hóspede normal, que é o porco, no cal é asintomática. A inxestión de auga contaminada é o mecanismo de transmisión máis común.
Patoxenia Balantidium coli vive no cego e colon de humanos, porcos, ratas e outros mamíferos. Non se transmite facilmente dunha especie hóspede a outra, porque necesita un período de tempo para adaptarse á flora simbiótica do novo hóspede. Unha vez que se adaptou a un hóspede novo, pode converterse nun serio patóxeno, especialmente en humanos. Os trofozoítos multiplícanse e enquístanse debido á deshidratación das feces.
A infección ten lugar cando se tragan os quistes, xeralmente ao tomar auga ou alimentos contaminados. A infección por Balantidium en individuos inmunocompetentes non é imposible, pero raramente causa unha enfermidade grave no tracto gastrointestinal. Pode vivir no tracto gastrointestinal sen causar síntomas de disentería con con tal de que exista un balance entre o protozoo e o hóspede. A infección prodúcese con maior probabilidade en persoas malnutridas debido á baixa acidez do seu estómago ou en persoas con sistemas inmunitarios comprometidos.
Na enfermidade aguda, pode producirse unha diarrea explosiva cada vinte minutos, e tamén poden darse casos de perforación do colon, que poden poñer en perigo a vida.
O protozoo é sensible á tetraciclina e o metronidazol, e non se observou a aparición de resistencias.
Ciclo de vida miniatura|esquerda|130px|Ciclo de vida de Balantidium coli.
Cando se inxire un quiste do protozoo ao consumir auga ou alimentos contaminados,Roberts, Larry S., and John Janovy Jr. Gerald D. Schmidt & Larry S. Roberts' Foundations of Parasitology. 8th ed. New York: McGraw-Hill, 2009. este chega ao sistema dixestivo do hóspede.Ramachandran, Ambili. "Life Cycle of Balantidium coli." The Parasite: Balantidium coli The Disease: Balantidiasis. 23 de maio de 2003. Stanford University. 16 de maio de 2009 <http://www.stanford.edu/group/parasites/ParaSites2003/Balantidium/Life_Cycle.htm >. O quiste está en parte protexido pola súa parede do pH ácido estomacal, pero xeralmente non resiste pH menores de 5, o que explica que sobreviva máis facilmente nos estómagos de persoas malnutridas que teñen menor acidez estomacal. unha vez que o quiste chega ao intestino delgado, produce os trofozoítos. Os trofozoítos colonizan o intestino groso, onde viven no lume e aliméntanse da flora intestinal. Algúns trofozoítos invaden a parede do colon utilizando encimas proteolíticos e multiplicándose, e algúns volven ao lume. No lume os trofozoítos poden desintegrarse ou enquistarse. O enquistamento é causado pola deshidratación dos contidos intestinais e xeralmente ten lugar na porción distal do intestino groso, pero pode tamén ocorrer fóra do hóspede nas feces. Os quistes maduros libéranse ao ambiente exterior, onde poden infectar a un novo hóspede.
Epidemioloxía A balantidíase en humanos é máis común en Filipinas, pero pode darse en todo o mundo, especialmente onde as persoas están en contacto estreito cos porcos. A doenza considérase rara e só se dá no 1% da poboación humana. Causa máis problemas nos países subdesenvolvidos, onde as augas poden estar contaminadas con feces porcinas e humanas.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Cilióforos