O Partido Comunista del Pueblo Castellano (PCPC) foi a organización territorial do Partido Comunista de los Pueblos de España (PCPE) na comunidade autónoma de Castela e León, con presenza nas cidades de Salamanca, Valladolid e Segovia, principalmente, aínda que tamén contaba cunha célula en Guardo, na provincia de Palencia. Eran de tendencia marxista-leninista e estaban a favor do dereito de autodeterminación dos pobos. Durante un breve período formou parte da coalición Izquierda Castellana, asumindo un ideario de carácter máis soberanista sobre o territorio histórico de Castela.
En 2011, debido ás disputas entre o PCPC e a dirección central do PCPE, unha boa parte dos militantes casteláns abandonaron o proxecto do PCPE e crearon en Segovia unha nova organización: Comunistas de Castilla, cunha orientación máis enfocada ao castelanismo.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Comunistas de Castilla Partido Comunista de los Pueblos de España
Categoría:Forzas políticas de Castela e León Categoría:Nacionalismo castelán Categoría:Partidos comunistas