Tramancazos foi un semanario satírico publicado en Redondela entre 1923 e 1924.
Historia e características Subtitulado Decano de la prensa de Redondela y el de mayor circulación, apareceu o 2 de setembro de 1923. Nun principio lerrouxista, logo galeguista. No seu primeiro número informaba que sairía catro veces ao mes, pero non sempre cumpriu co anunciado. O director era Amador Pérez Sousa. Entre os colaboradores figuraron Rogelio Rivero, Mario Canda, Antonio Extremadouro (Ant-Eo), Aurelio Sanmartín Sanvicente (O Demo d'os Tras), Mexete, Choco, Xan dos Zocos e Cantiño.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Prensa escrita de Redondela
Categoría:Prensa da Unión Patriótica
Categoría:1923 en Galicia