San Xoán de TabagónNomenclator , Xunta de Galicia. é unha parroquia do concello pontevedrés do Rosal na comarca do Baixo Miño. Ten 7 entidades de poboación: A Mina, A Paradela, A Portela, O Río, A Rúa da Cal, A Rúa de Abaixo e O Xisco. Segundo o IGE, en 2022 tiña 605 habitantes (290 homes e 315 mulleres). Eclesiasticamente, pertence ó arciprestado da Guarda-Tebra, na diocese de Tui-Vigo.
Está bañada polas augas do río Miño e dista 5 quilómetros da capital do concello.
Patrimonio A igrexa parroquial é de estilo manuelino tardío, construída entre 1812 e 1825, con retablo maior neogótico.
O cruceiro dos Maios, feito por Manuel González Perdiz en 1879, onde se representa unha alegoría do pecado orixinal, a flaxelación e a Verónica coa Santa Face. Ten un capitel dórico con follas de acanto e cabezas de anxo, o Cristo Morto e a Dolorosa.
Peto de ánimas da Paradela.TurGalicia, Consellería de Cultura e Turismo.
Celebracións Na parroquia celébranse, amais de San Xoán (24 de xuño), as festividades da Virxe da Saúde e San Brais, 2 e 3 de febreiro respectivamente.
Erguen un grande arco floral. Galería de imaxes
Notas
Lugares e parroquias Lugares de Tabagón
Parroquias do Rosal
Véxase tamén Bibliografía Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada en DVD, 2005. Outros artigos Lugares do Rosal Ligazóns externas San Xoán de Tabagón na páxina da Diocese de Tui-Vigo. San Xoán de Tabagón en Grandes lugares da CRTVG
Categoría:Parroquias do Rosal Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Xoán