San Bartolomeu das Eiras é unha parroquia do concello pontevedrés do Rosal. Segundo o IGE no ano 2022 tiña 247 habitantes (120 homes e 127 mulleres). Eclesiasticamente, pertence ó arciprestado da Guarda-Tebra, na diocese de Tui-Vigo.

Patrimonio A igrexa parroquial foi aberta en 1791. A anterior foi trasladada logo das continuas ameazas de crecidas do río Miño. Partindo desde a igrexa hai un vía crucis con 14 estacións, algunhas delas as orixinais dos séculos XVII e XVIII, cara á ermida de Santa María Magdalena, situada no cumio de Castro Fortaleza. A ermida ten uns grandes contrafortes, malia que o templo, de planta rectangular, é pequeno. O cumio, desde onde se observa a parroquia e Portugal, ten unhas sobreiras centenarias.

Galería de imaxes

Notas

Lugares e parroquias Lugares das Eiras

Parroquias do Rosal

Véxase tamén Outros artigos Lugares do Rosal

Categoría:Parroquias do Rosal Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Bartolomeu