San Pedro de Feás é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Cariño. Segundo o IGE en 2010 tiña 201 habitantes (102 mulleres e 99 homes), distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 264 habitantes.

Toponimia Feás é un fitónimo que indica un lugar onde abunda o feo, do latín , de ("feo") + o derivativo de abundancia .

Xeografía Feás está situada no extremo sur do concello sobre a enseada de Susavila onde desemboca o río Seixo que atravesa esta pequena parroquia. Linda polo norte e polo oeste coa parroquia de Landoi dende a Punta do Cepo na beira da ría até o curso alto do río Seixo, polo sur limita coa parroquia de Veiga dende o monte da Franca até o rego do Mallo na enseada de Susavila e polo leste o límite e a Ría de Ortigueira, dende a Punta do Cepo até o rego do Mallo.

A estrada de Mera a Cariño cruza a parroquia de sur a norte pasando polos lugares de Susavila, A Rúa, Outeiro, Barral e Piñeiro.

Patrimonio esquerda|miniatura|Igrexa de San Pedro de Feás.

A igrexa parroquial de San Pedro está abandonada. No século XX construíuse un novo templo, dedicado á Virxe dos Remedios, anexa á parroquia de Veiga. Ten planta de cruz latina e ao seu carón pegado ao adro está o cemiterio. O Castro da Cancela é un poboado castrexo de chaira, formado por unha croa superior e terraza. Está rodeado parcialmente por unha muralla que desaparece no lado norte e un foxo que segue en dirección leste. Lugares e parroquias Lugares de Feás

Parroquias de Cariño

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Cariño

Categoría:Parroquias de Cariño Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Pedro Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía