The (International) Noise Conspiracy (abreviado como T(I)NC) foi unha banda sueca de indie rock formada a finais do ano 1998. Estaba composta por Dennis Lyxzén (voces), Inge Johansson (baixo), Lars Strömberg (guitarra) e Ludwig Dahlberg (batería). O grupo é coñecido polas súas influencias punk e garage, e a súa apaixonada postura política de esquerdas. Ata o ano 2004 a guitarrista e teclista Sara Almgren tamén foi membro da banda. Dennis formou The (I)NC case inmediatamente despois da separación da súa anterior banda, Refused. Os membros de The (I)nc proceden de catro bandas máis, Totalt Jävla Mörker (Johansson), Separation (Strömberg), Saidiwas (Dahlberg e Almgren) e Doughnuts (Almgren). Dende 2007 Inge Johansson tamén toca no grupo The Most.

Discografía The First Conspiracy - 1999 (G7 Welcoming Committee) Survival Sickness - 2000 (Burning Heart/Epitaph) A New Morning, Changing Weather - 2001 (Burning Heart/Epitaph) Armed Love - 2004 (Burning Heart/American Recordings) The Cross of My Calling - 2008 (Burning Heart/Vagrant/American Recordings)

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Grupos musicais de Umeå Categoría:Grupos musicais de indie rock Categoría:Grupos musicais de garage rock Categoría:Grupos musicais de post-punk Categoría:Grupos musicais formados en 1998 Categoría:Grupos musicais separados en 2009