William Broderick Crawford, nado en Filadelfia (Pensilvania) o 9 de decembro de 1911 e finado en Rancho Mirage (California) o 26 de abril de 1986, foi un actor estadounidense.

Traxectoria Nado en Philadelphia, os seus pais e os seus avós foron actores de vodevil. A súa nai actuou en pequenos papeis nalgúns filmes de Hollywood, como Top Hat. Crawford uniuse aos seus pais ata que comezou o declive dese tipo de espectáculos.

Pasou entón a traballar na radio, incluíndo un tempo cos irmáns Marx, e no teatro. O seu debut cinematográfico foi no filme de 1939 Beau Geste. Durante a segunda guerra mundial foi enviado ao Reino Unido, onde anunciaba a banda de Glenn Miller.

En 1949 gañou o Oscar ao mellor actor polo seu papel de político en All the King's Men. O premio deulle a oportunidade de participar en filmes máis importantes.

Traballou tamén na televisión, sendo o protagonista da serie policial Highway Patrol.

Filmografía Woman Chases Man (1937) Start Cheering (1938) Ambush (1939) Sudden Money (1939) Undercover Doctor (1939) Beau Geste (1939) Island of Lost Men (1939) The Real Glory (1939) Eternamente túa (1939) Slightly Honorable (1940) I Can't Give You Anything But Love, Baby (1940) When the Daltons Rode (1940) Seven Sinners (1940) Trail of the Vigilantes (1940) The Texas Rangers Ride Again (1940) The Black Cat (1941) Tight Shoes (1941) Badlands of Dakota (1941) South of Tahiti (1941) North to the Klondike (1942) Butch Minds the Baby (1942) Larceny, Inc. (1942) Broadway (1942) Keeping Fit (1942) Men of Texas (1942) Sin Town (1942) The Runaround (1946) Black Angel (1946) Slave Girl (1947) The Flame (1947) The Time of Your Life (1948) Sealed Verdict (1948) Bad Men of Tombstone (1949) A Kiss in the Dark (1949) Night Unto Night (1949) All the King's Men (1949) Cargo to Capetown (1950) Convicted (1950) Nacida onte (1950) Screen Snapshots: Hollywood Awards (1951) The Mob (1951) Scandal Sheet (1952) Lone Star (1952) Stop, You're Killing Me (1952) Last of the Comanches (1953) The Last Posse (1953) Night People (1954) Desexos humanos (1954) Down Three Dark Streets (1954) Screen Snapshots: Hollywood Goes to Mexico (1954) Man on a Bus (1955) New York Confidential (1955) Big House, U.S.A. (1955) Not as a Stranger (1955) Almas sen conciencia (1955) The Fastest Gun Alive (1956) Between Heaven and Hell (1956) The Decks Ran Red (1958) Goliath and the Dragon (1960) Convicts 4 (1962) The Castilian (1962) No temas a la ley (1963) Square of Violence (1963) A House Is Not a Home (1964) Up from the Beach (1965) Mutiny at Fort Sharp (1966) Kid Rodelo (1966) The Oscar (1966) The Texican (1966) Red Tomahawk (1967) The Vulture (1967) The Yin and the Yang of Mr. Go (1970) Ransom Money (1970) Hell's Bloody Devils (1970) The Naughty Cheerleader (1970) Gregorio and His Angel (1970) Embassy (1972) O candidato (1972) Terror in the Wax Museum (1973) Won Ton Ton, the Dog Who Saved Hollywood (1976) Look What's Happened to Rosemary's Baby Proof of the Man (1977) The Private Files of J. Edgar Hoover (1977) A Little Romance (1979) Harlequin (1980) There Goes the Bride (1980) The Uppercrust (1982) Liar's Moon (1982)

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Actores de Pensilvania Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de teatro dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Filadelfia, Pensilvania Categoría:Nados en 1911 Categoría:Finados en 1986 Categoría:Óscar ó mellor actor