El Águila foi un periódico de tendencia provincialista editado en Ferrol en 1845.
Historia e características Subtitulado Revista marítima e literaria, apareceu o 10 de setembro de 1845. Editado por Nicasio Taxonera Marzal, publicábase os días 10, 20 e 30 de cada mes. Estaba dirixido por Leandro de Saralegui Fernández. Foron os seus redactores Juan Antonio Lacaci, José Evaristo de Puzo, Quintín García Calvo e Benito Vicetto Pérez. Cesou a súa publicación o 30 de decembro de 1845. Foi continuado por El Ferrolano.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Prensa escrita de Ferrol Categoría:1845 en Galicia Categoría:Ferrol sen imaxes