San Xoán de Piñeiro é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Mugardos. Segundo o INE en 2018 tiña 465 habitantes (241 mulleres e 224 homes) distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 621 habitantes.

Ten unha extensión de 1,28 km², cunha densidade de poboación de 357,81 hab./km². Limita polo leste coa parroquia de Limodre (Fene) polo oeste coa parroquia de Franza, polo norte coa vila do Seixo (Franza, Mugardos), e polo sur coa vila de Barracido (Ares).

Cultura e deporte O patrón da vila é San Xoán Bautista, e celébrase o día 24 de xuño, con verbena, sardiñada e lumeirada.

A Sociedade Cultural Recreativa e Deportiva de San Xoán de Piñeiro organiza varias competicións deportivas, entre elas o Maratón de San Xoán de Piñeiro, unha carreira popular de 10.600 metros polos concellos de Mugardos, Ares e Fene, que leva máis de 30 edicións. Esta carreira ten versións para os máis mozos, dende os 2 anos. Tamén se organizan ao longo do ano concursos de larpeiradas, a festa do entroido, unha feira de artesanía, a festa dos callos e actividades como o encaixe de bolillos, o ioga e as manualidades. A pequena vila conta ademais cun modesto equipo de fútbol.

Preto da SCRD atópase a antiga escola de San Xoán de Piñeiro, que contaba cuns poucos alumnos ata hai uns anos atrás; agora serve de colexio electoral.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Piñeiro

Parroquias de Mugardos

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Mugardos

Categoría:Parroquias de Mugardos Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Xoán