Nacional G foi un fabricante español de automóbiles con sede en Zaragoza de 1939 ata 1940. Tan só produciu dous automóbiles e dous chasis.

Historia da compañía A compañía Técnico Industrial de Zaragoza fundouse en 1939 baixo a dirección de Natalio Horcajo e Martín Gómez coa produción de automóbiles. En 1940 terminou a produción.

O único modelo fabricado tiña un motor de dous cilindros de dous tempos e 700 cc. O prototipo do motor era refrixerado por aire, pero os vehículos foron refrixerados por auga. A transmisión tiña tres marchas. Os vehículos tiñan un bastidor de tubo central e suspensión independente. Había un sedán de dúas portas e un convertible.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Gimeno Valledor, Pablo, El automóvil en España. Su historia y sus marcas, Ed. Real Automóvil Club de España, 1993 ISBN 84-604-7935-8 Harald Linz und Halwart Schrader: Die Internationale Automobil-Enzyklopädie., United Soft Media Verlag GmbH, München 2008, ISBN 978-3-8032-9876-8 Nick Georgano: The Beaulieu Encyclopedia of the Automobile, Volume 2 G–O. Fitzroy Dearborn Publishers, Chicago 2001, ISBN 1-57958-293-1 G. N. Georgano: The New Encyclopedia of Motorcars, 1885 to the Present. Dutton Verlag, Nova York 1982, ISBN 0-525-93254-2 G. N. Georgano: Autos. Encyclopédie complète. 1885 à nos jours. Courtille, 1975

Ligazóns externas Entrevista a Natalio Horcajo García, Técnico industrial e co-inventor do «Nacional G».

Categoría:Fabricantes de automóbiles de España