Giovanni Pastrone, nado en Montechiaro d’Asti o 13 de setembro de 1883 e finado en Turín o 27 de xuño de 1959, foi un director, guionista e produtor italiano, coñecido tamén como Piero Fosco, que desenvolveu a súa obra cinematográfica durante a época do cinema mudo.

Traxectoria Tras facer estudos de administrativo, en 1905 entrou como contador na empresa cinematográfica Rossi & C. de Turín. Dous anos despois converteuse en director administrativo da compañía, que en 1908 cambiou o seu nome por Itala Films.

Traballando co enxeñeiro Sciamengo en melloras técnicas, patentou o "fixitè", un procedemento para previr os posibles escorregóns da película. Creou ademais un circuíto de salas de proxección para asegurar a distribución de centos dos seus filmes. Con todo isto, Itala Films converteuse nunha das produtoras máis importantes de Europa, grazas á produción de La caduta di Troia (1911), un ambicioso peplum de trinta minutos de duración, comezando a afrontar a realización de filmes de maior alcance e duración, o que influíu en mestres internacionais como David Wark Griffith, director de Intolerance.

miniatura|esquerda|220px|Cartel para o filme Cabiria. Cabiria (1914) foi a produción máis ambiciosa de Pastrone, un filme de dúas hora que axiña foi coñecida nos Estados Unidos e admirada por Griffith. O filme foi realizado con todas as esixencias do “film d’art”, incluíndo o feito de contratar o máis coñecido escritor italiano da época, Gabriele d’Annunzio, para redactar os intertítulos.

O filme está ambientado nas guerras púnicas e o seu argumento combina tramas bélicas, catástrofes naturais e paixóns. A estrea en Turín fíxose con orquestra e coros teatrais, tentando facer un espectáculo que competise coa ópera e atraese o público burgués e aristócrata que desprezaba o cinema por consideralo un entretemento popular.

En 1919, na cima do seu éxito, abandonou a actividade cinematográfica para dedicarse á investigación médica.

Filmografía miniatura|dereita|250px|Placa na casa natal de Pastrone La glu (1908) Giordano Bruno eroe di Valmy (1908) Giulio Cesare (1909) La caduta di Troia (1911) Più forte che Sherlock Holmes (1913) Cabiria (1914) Tigre reale (1916) Il fuoco (1916) Maciste alpino (1916) La guerra e il sogno di Momi (1917) Maciste atleta (1917) Hedda Gabler (1919) Povere bimbe (1923)

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Directores de cinema de Italia Categoría:Nados na provincia de Asti Categoría:Nados en 1883 Categoría:Finados en 1959