A eparquía de Santa María do Patrocinio de Buenos Aires (en latín: Eparchia Sanctae Mariae a Patrocinio Bonaërensis Ucrainorum) é unha sé da Igrexa Católica Ucraína sufragánea da arquidiocese de Buenos Aires. En 2009 tiña 166.400 bautizados. Dende 2016 o seu bispo é Daniel Kozelinski Netto.
Territorio A eparquía ten xurisdición sobre todos os fieis católicos ucraínos da Arxentina. A sé episcopal é a cidade de Buenos Aires, onde está a catedral de Santa María do Patrocinio. O territorio está organizado en 20 parroquias.
Historia O 9 de febreiro de 1968 foi erixido o exarcado arquiepiscopal da Arxentina para os fieis ucraínos, até entón baixo xurisdición do ordinariato para os fieis de rito oriental da Arxentina. O 24 de abril de 1978o exarcado foi elevado a eparquía coa bula Cum praeterito do papa Paulo VI.
Episcopoloxio Andrii Sapeliak (9 de febreiro de 1968 - 12 de decembro de 1997, retirado) Mykhail Mykytsei (24 de abril de 1999 - 10 de abril de 2010, retirado) Administrador apostólico: Sviatoslav Shevchuk (10 de abril de 2010 - 25 de marzo de 2011) Administrador apostólico: Daniel Kozelinski Netto (22 de xuño de 2011 - 8 de outubro de 2016) Daniel Kozelinski Netto (8 de outubro de 2016 - actualidade)
Notas
Véxase tamén Perfil en Catholic-Hierarchy.org Perfil en GCatholic.org
Buenos Aires Categoría:Divisións territoriais da Igrexa católica bizantina ucraína Categoría:Buenos Aires Categoría:Eparquías católicas