Marcial Castro Guerra, nado en Santiago de Compostela en 1934"«Confluíamos en el amor a Santiago»", La Voz de Galicia, Santiago, 7-4-2019, p. 5. e finado na mesma cidade o 19 de outubro de 2023, foi un político galego.
Traxectoria Presentouse ás eleccións municipais de 1979 nas listas da UCD e foi elixido concelleiro. O 3 de setembro de 1981 José Antonio Souto Paz presentou a dimisión como alcalde e Marcial Castro foi elixido alcalde o 7 de setembro. Nas eleccións municipais de 1983 encabezou a candidatura do Partido Demócrata Liberal e foi elixido concelleiro, apoiando 2 dos concelleiros do seu grupo a elección do socialista Xerardo Estévez. Posteriormente integrouse na Coalición Popular, e en abril de 1986 apoiou unha moción de censura contra Xerardo Estévez que presentaron os populares e que fixo alcalde ó candidato destes Ernesto Viéitez Cortizo. Durante o debate da moción Marcial Castro foi insultado polo público asistente e tivo que saír escoltado. Foi Secretario Xeral Técnico da Consellería de Pesca, Marisqueo e Cultivos Mariños de marzo de 1986 até outubro de 1987.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Santiago de Compostela
Categoría:Alcaldes de Santiago de Compostela Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Alcaldes de Galicia pola UCD Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1934 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Finados en 2023