San Xoán de Seoane é unha parroquia que se localiza no oeste do concello das Pontes de García Rodríguez. Segundo o IGE en 2014 tiña 8 habitantes (3 mulleres e 5 homes) distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2014 cando tiña 9 habitantes.

Toponimia O topónimo deriva do latín , San Xoán.Cabeza Quiles, F.: Os nomes de lugar, p. 438. Ed. Xerais, Vigo 1992.

Historia Esta parroquia, co seu antigo nome de San Xoán de Seixa segregouse do concello da Capela xunto coas de Bermui, Espiñaredo, San Pedro de Eume, Ribadeume, A Faeira e Goente que pasaron a integrarse no concello das Pontes de García Rodríguez en xullo de 1982.

A partir dos primeiros anos da década de 1970 foi perdendo entidades de poboación debido á expansión da escombreira da mina de lignito a ceo aberto das Pontes, ata quedar reducida aos dous lugares que actualmente a compoñen. No ano 1985 xa cambiara o seu antigo nome polo actual.

Lugares e parroquias Lugares de Seoane

Parroquias das Pontes de García Rodríguez

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares das Pontes de García Rodríguez

Categoría:Parroquias das Pontes de García Rodríguez Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Xoán Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía