O flan (en francés e inglés: crème caramel) é un doce elaborado con ovos, leite e azucre, que se coce ao baño maría nun molde acaramelado até callar e adquirir unha consistencia xelatinosa.VV. AA. (2012) Dicionario de alimentación e restauración, Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia, Real Academia Galega.

Variantes miniatura|200x200px|Flan con nata.|esquerda Normalmente un flan prepárase con ovos enteiros, leite e azucre (flans de ovo). Hai flans porén que non levan ovo e que se comercializan coma flans de vainilla.

Os máis comúns son os flans doces que se comen coma sobremesas; normalmente utilízase a vainilla para dar sabor.

Existen variacións que inclúen améndoas, pistachos, limón, coco, castañas, queixo, requeixo ou froitas á receita. Tamén hai flans de café, chocolate, licor ou turrón.

Existen tamén flans salgados, normalmente coñecidos coma pudíns.miniatura|Flan caseiro desmoldado.|centro Notas

Véxase tamén Outros artigos Crema de ovo Crema catalá Pudin

Ligazóns externas Receitas de flans Receitas de flans

Categoría:Sobremesas Categoría:Pratos de ovos Categoría:Sobremesas e doces de Galicia Categoría:Pratos de lácteos