Ecos de Vigo foi un semanario editado en Vigo entre 1911 e 1912.
Historia e características Subtitulado Revista semanal ilustrada, apareceu o 25 de novembro de 1911. Semanario literario dirixido por Avelino Rodríguez Elías que publicou nel relatos costumistas como "Tipos gallegos", "Cousas da miña terra", "Cousas que pasan" e "Cousas da miña aldea", moitas veces co pseudónimo de Xan de Ningures. Publicou 22 números cesando a finais de abril de 1912.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Pontevedra
Categoría:Prensa escrita de Vigo Categoría:1911 en Galicia