Heliodoro (Ἡλιόδωρος) de Emesa (Siria) foi un escritor grego, autor da novela Etiópicas (Αἰθιοπικά), coñecida tamén como Teáxenes e Cariclea (Θεαγένης καὶ Χαρίκλεία). Traxectoria Nada se sabe con seguridade da súa vida, que se data de forma variábel entre os séculos III e IV, pero identificárono cun bispo cristián de Tesalónica chamado así, segundo a noticia que aparece por primeira vez en Historia eclesiástica de Sócrates de Constantinopla século V; 5, 22, chegando a ser bispo de Trica e quen introducira o celibato en Tesalia. Obra Dúas particularidades asignan á novela de Heliodoro un posto especial. En primeiro lugar, o inusitado virtuosismo na técnica narrativa; por outra banda, constitúe un relevante testemuño de que novas forzas relixiosas penetran nesa época. Nesta novela de Heliodoro, como nas demais, percíbese con especial claridade que a lingua é produto artificioso. Todos os recursos da arte retórica e apoiaturas poéticas non poden desmentir o carácter pobre deste estilo. Constrúense pero non se redondean grandes períodos. A teima, sobre todo, de recargar as oracións amontoando participios conduce á formación de cláusulas monstruosas. Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Leucipa e Clitofonte de Aquiles Tacio. Quéreas e Calírroe de Caritón. Dafnis e Cloe de Longo de Lesbos. Habrócomes e Antía de Xenofonte de Éfeso. Ligazóns externas Heliodoro: Etiópicas. Texto bilingüe grego - francés no sitio de Philippe Remacle (1944 - 2011).

Categoría:Escritores en lingua grega Categoría:Escritores da literatura clásica