miniatura|Josefa García Segret e Hipólito Gallego Camarero. Josefa García Segret, nada en Tui en 1900 e finada en Oleiros a principios de setembro de 1986La Voz de Galicia, 4-9-1986, p. 32., foi unha mestra e política galega.

Traxectoria Mestra en Tomiño. Casou con Hipólito Gallego Camarero. Coa sublevación do 18 de xullo de 1936 foi detida o 15 de agosto, pasando un calvario de penalidades. Na prisión de Tui puido salvar a vida grazas á axuda do médico forense José Abraldes primeiro e do doutor Darío Álvarez Blázquez que simularon un embarazo de catro meses e logo un aborto sen feto. Xulgada en Vigo por rebelión o 7 de xaneiro de 1937, sendo defendida por José Queizán Hermida, foi condenada a pena de morte. Conmutada a pena por cadea perpetua, e despois novamente a 6 anos e un día en marzo de 1944. Estivo presa no cárcere de Saturrarán de febreiro de 1938 a xaneiro de 1941, en Palma de Mallorca, do 5 de xaneiro de 1941 ao 8 de agosto de 1943, en que foi trasladada novamente a Saturrarán; de onde saíu o 22 de marzo de 1944. Ao abandanar o cárcere, comezou a traballar no grupo de empresas de Regojo e a súa vida transcorreu entre Zamora e Redondela. Logo instalouse en Vigo. Escribiu o libro Abajo las dictaduras!! (1982).Imaxe da portada de Abajo las dictaduras!! Foi soterrada en Redondela.La Voz de Galicia, 4-9-1986, p. 18.

Recoñecementos

Ten unha rúa adicada no barrio de Pontepedriña, en Santiago de Compostela.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía José Ignacio Álvarez-Fernández (2007) Memoria y trauma en los testimonios de la represion franquista

Outros artigos Hipólito Gallego Camarero Ligazóns externas Biografía e proceso e prisión en Galiciasuroeste.info

Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Exilio galego Categoría:Nados en Tui Categoría:Nados en 1900 Categoría:Finados en 1986