A informática é a disciplina que estuda o tratamento automático da información empregando dispositivos electrónicos e sistemas computacionais. Informática é un termo proveniente do francés informatique, acuñado polo enxeñeiro Philippe Dreyfus en 1962.
Na informática converxen os fundamentos das ciencias da computación, a programación e as metodoloxías para o desenvolvemento de software, así coma determinados temas de electrónica.
Historia da informática miniatura|Electronic Numerical Integrator And Computer.
A historia da informática é maior cá historia do hardware de computación e das computadoras actuais, e inclúe a historia de métodos desenvolvidos para usar con lapis e papel ou con xiz e encerado, con ou sen a axuda de táboas.
A computación está intimamente ligada á representación de números. Pero moito antes de que chegaran abstraccións como número, había conceptos numéricos que servían ós propósitos da civilización. Estes conceptos inclúen a correspondencia un a un (a base de contar), a comparación cun estándar (usado para facer medidas), e o triángulo rectángulo (usado para comprobar os ángulos rectos).
A primeira ferramenta coñecida para realizar cálculos foi o ábaco e pénsase que foi inventado en Babilonia circa 2400 a. C. Orixinalmente usábase debuxando liñas na area con pedras. Ábacos, cun deseño máis moderno, seguen usándose como ferramentas de cálculo hoxe en día. Este foi o primeiro computador coñecido e o sistema de cálculo máis avanzado dispoñible naquela época, precedendo ós métodos gregos en 2000 anos.
Os ordenadores non son un invento de alguén concreto, senón o resultado de ideas e traballos de moitas persoas relacionadas coa electrónica, a mecánica, os materiais semicondutores, a lóxica, a álxebra e a programación.
miniatura|Ada Lovelace. miniatura|Linus Torvalds.
Ordenadores
miniatura|Macintosh Classic (1990). O ordenador é unha máquina que realiza cálculos e controla operacións expresadas en termos lóxicos e numéricos. Os ordenadores son o máximo expoñente da informática actual, sendo as principais ferramentas da mesma.
Compoñentes e periféricos Cámara fotográfica dixital Cámara de vídeo dixital Escáner Impresora Módem Monitor Rato Taboíña gráfica Tarxeta de captura de vídeo Tarxeta gráfica Tarxeta sintonizadora de TV Tarxeta de son Tarxeta de rede Teclado Disco duro Memoria USB Microprocesador
Principais compañías informáticas 3Com Adobe AMD Apple Computer ATI Technologies BenQ Borland Canon Cisco Systems Corel Creative Labs Epson HP IBM Intel Maxtor Microsoft Corporation Seagate SGI Sun Microsystems U.S. Robotics Xerox
Asociacións informáticas galegas
AGNIX Amigus GLUG GPUL GULO GALPON
Aplicacións informáticas
Unha aplicación informática ou programa software é un conxunto de instrucións que se lle dan a un sistema informático para realizar un conxunto de tarefas determinado. Existen moitos tipos de aplicacións informáticas que serven para un gran número de tarefas, coma o deseño gráfico, a navegación por Internet, tarefas ofimáticas etc.
Sistemas Operativos miniatura|dereita|Tux, mascota oficial de Linux
Un sistema operativo é o programa informático que realiza tarefas básicas dos ordenadores para o seu uso e para facilitar o uso doutras aplicacións. Un sistema operativo proporciona a interface de usuario co ordenador, administra os dispositivos hardware, administra e mantén os sistemas de ficheiros e xestiona as chamadas ao sistema. Algúns dos sistemas operativos máis usados son:
GNU/Linux MacOS MS-DOS NetBSD OS/2 Sistemas Unix Windows
Bases de datos miniatura|dereita|OpenOffice.org Base, unha aplicación de base de datos
As bases de datos son ficheiros informáticos que se empregan para preservar datos de xeito organizado e que permiten atopar esta información rapidamente cando sexa preciso. Algunhas das bases de datos máis usuais son:
GNOME-DB MariaDB Microsoft Access MySQL Oracle
Ofimática miniatura|OpenOffice.org, un procesador de texto
A ofimática refírese ó software utilizado para o tratamento automatizado da información ligada ás tarefas propias dunha oficina. As aplicacións máis usuais son os procesadores de texto, follas de cálculo, presentacións etc. Algunhas das suites ofimáticas máis usuais son:
KOffice LibreOffice Lotus Smart Suite Microsoft Office OpenOffice.org
Internet
A Internet é uha rede informática de ámbito planetario, formada con ordenadores dispostos en subredes e que posibilita o intercambio de información. É a evolución da ARPANET, que pretendía poñer en comunicación ordenadores do exército norteamericano desenvolvido dende xaneiro de 1983 sobre o protocolo TCP/IP. Como medio de comunicación comezouse a xeneralizar nos países desenvolvidos a comezos dos anos 90.
Navegadores miniatura|Un navegador web.
Un navegador web é unha aplicación que permite ó usuario recuperar e visualizar documentos de hipertexto desde servidores web de todo o mundo a través de Internet. Esta rede de documentos chámase a World Wide Web. Algúns dos navegadores máis coñecidos son:
Avant Browser Firefox Google Chrome Internet Explorer Konqueror Mozilla Application Suite Netscape Navigator Opera Safari
Correo Electrónico
Eudora Foxmail KMail Outlook Thunderbird Evolution
Mensaxería Instantánea
AIM AMsN Messenger GnomeMeeting Google Talk ICQ MsN Messenger Skype Yahoo Messenger
Voz sobre IP (VOIP)
Google Talk Skype VoIP Buster WebPhone Yahoo Messenger
Retoque fotográfico Adobe Photoshop Corel Photo Paint The Gimp Krita MGI Photo Suite Paint Shop Pro Serif PhotoPlus Unlead PhotoImpact Macromedia Fireworks
Outros
Códecs de son e vídeo
AAC AIFF FLAC LAME MPEG 1-2 Audio Layer 3 (abreviadamente coñecido coma MP3) Mp3PRO MPC (tamén coñecido coma Musepack ou MPEGPlus/MP+) Ogg Vorbis RealAudio WAV Windows Media Audio (WMA) ASF AVI DivX MPEG ou MPG Ogg Theora Quick Time RM ou RAM
Formatos de ficheiros gráficos
Mapa de bits BMP GIF JPEG JPEG 2000 MNG PCX PNG TGA TIFF XPM - X PixMap
Vectoriais AI CDR DXF EPS FH PDF PS SVG SWF
Metaficheiros WMF PICT
Profesións relacionadas coa informática En canto aos tipos de traballo e profesións relacionadas coa informática pódese destacar: Administrador de base de datos Administrador de sistemas informáticos Arquitecto de redes Arquitecto de software Deseñador gráfico Enxeñeiro de sistemas Enxeñeiro de software Programador Web master ou xestor de web
Sistemas de almacenamento Blu Ray CD-ROM Disquete DRAM DVD HD DVD EVD
Sistemas de conexión de dispositivos AGP AMR Bluetooth CNR EISA IDE IEEE 1394, Firewire ou iLink ISA MCA Paralel ATA PCI PCI Express PCMCIA Porto paralelo Porto serie SCSI Serial ATA USB VLB Wifi
Sistemas de ficheiros
BFS Ext2 Ext3 HPFS FAT FAT 32 HFS NTFS ReiserFS XFS
Véxase tamén
Ligazóns externas Glosario de informática