Quilo (símbolo: k) é un prefixo do Sistema Internacional de Unidades que equivale a 1.000 unidades ou 103. Por exemplo:

un quilogramo (kg) son 1.000 gramos un quilómetro (km) son 1.000 metros un quilovatio (kW) son 1.000 vatios un quilojoule (kJ) son 1.000 joules.

Adoptado en 1795, vén do grego χίλιοι, que significa mil.

Coloquialmente úsase con frecuencia o termo apocopado "quilo", como abreviatura de "quilogramo".

En informática, quilo non é sempre exactamente 1.000, senón que equivale a 1.024 (210), en especial, cando se refire a almacenamento. Por exemplo, un quilobyte son 1.024 bytes, non 1.000.

Así a todo, quilo- e mega- teñen o seu significado tradicional procedente do Sistema Internacional cando se refiren a velocidades ou transferencias de datos. Por exemplo, 56 quilobits por segundo son 56.000 bits por segundo, non 57.344.

Unha convención común consiste en utilizar k (en minúsculas) para 1000 e K (en maiúsculas) para 1.024.

Véxase tamén

Outros artigos Sistema Internacional de Unidades Prefixo binario Quilo (aparato dixestivo) (comida totalmente dixerida con contido graxov que se encontra no intestino e é absorbida nos vasos linfáticos ; ten unha etimoloxía distinta á de quilo=1000).

Categoría:Prefixos do SI

he:תחיליות במערכת היחידות הבינלאומית#קילו