Eugenio Pazos Pereiro, nado no Quintán (Veigue, Sada) o 14 de outubro de 1889 e finado na Arxentina en 1944, foi un comerciante e político galego.

Traxectoria Dono dun taller de carpintería en Veigue. Estableceu un comercio de Ultramarinnos en Sada, Casa Quintán, en Barrié de la Maza 21. Emigrou a Nova York a en 1917, traballando de carpinteiro e colaborou coa sociedade Sada y sus Contornos. Retornou a Sada logo de dous anos. Subdirector da Compañía El Ocaso de Sada y Betanzos, foi nomeado correspondente do Banco de La Coruña en Sada, Bergondo e Oleiros en 1935.El Pueblo Gallego, 10-4-1935, p. 12. Foi directivo de La Unión de Veigue no anos dez, da Asociación Popular de Defensa de Sada nos anos vinte, e presidente de La Unión Gremial Mercantil (anos 20 e 30).La Voz de Galicia, 11-3-1932, p. 9.La Voz de Galicia, 18-1-1933, p. 9. Na República foi directivo da agrupación local do Partido Republicano Radical Socialista e presidente da de Izquierda Republicana en 1934.El Pueblo Gallego, 28-7-1934, p. 9. Pertenceu á directiva da Alianza de Esquerdas en Sada.

Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estivo agochado durante un tempo, ata que conseguiu fuxir a Portugal, desde onde tomou un barco a Buenos Aires. A familia seguiuno en 1937. Foi expedientado polo Tribunal de Responsabilidades Políticas e sancionado con oito anos de inhabilitación especial para o desempeño de cargos públicos e o pago de cinco mil pesetas en 1941.BOE, 24-6-1941, p. 2602-2603. No exilio retomou o seu oficio de carpinteiro e chegou a ser propietario dun restaurante.

Vida persoal

Casou con Esperanza Méndez Veiga, de Oleiros, e foi pai de Esperanza, nacida en 1914, que casou con Ricardo Escudero Romero en 1935,La Voz de Galicia, 28-3-1935, p. 8. Eugenio, Manuel, Antonio, José e Jaime Pazos Méndez. Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en e-xiliad@s Nomes propios. Eugenio Pazos: vida e drama dun republicano

Categoría:Galegos dos Estados Unidos de América

Categoría:Exilio galego

Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Nados en Sada Categoría:Nados en 1888 Categoría:Finados en 1944 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Carpinteiros