Edward Blatchford (tamén acreditado como Ed Blatchford), nado en Farmington Hills, Míchigan, o 28 de xullo de 1972, é un actor estadounidense. É coñecido por interpretar a Peter Collins en Malibu, CA, do produtor Peter Engel. Traballou con Engel noutras series, como Saved by the Bell, Hang Time e City Guys. No cine, apareceu en filmes como O derradeiro dos mohicanos (1992) e Nowhere to Run (1993).

No 2010, Blatchford protagonizou e escribiu a curtametraxe independente Saved by the Belding. Trátase dunha parodia da súa aparición como convidado na serie Saved by the Bell, onde interpreta a Rod Belding, irmán de Richard Belding (Dennis Haskins).

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de Míchigan Categoría:Nados en 1972 Categoría:Nados no condado de Oakland, Míchigan