O Fenerbahçe International Sports Complex Ülker Sports Arena (En turco: Fenerbahçe Uluslararası Spor Kompleksi Ülker Spor Arena) é un pavillón multiúsos localizado no barrio de Ataşehir, en Istanbul, Turquía. Este é un polideportivo inaugurado o 25 de xaneiro do 2012 e que conta cunha capacidade de 15.000 persoas para concertos e de 13.000 persoas para partidos de baloncesto.
Historia O pavillón, que conta con 13.000 asentos, acolle eventos deportivos nacionais e internacionais de:baloncesto, voleibol, loita e halterofilia, ademais de concertos e congresos. O polideportivo tamén posee cafeterías e restaurantes. O Ülker Sports Arena cobre unha área de 55.000 metros cadrados, o que o converte nun dos pavillóns máis grandes da cidade.
Véxase tamén Outros artigos Fenerbahçe Ulker Ligazóns externas Sitio web oficial do pavillón (en turco)
Categoría:Pavillóns de Turquía Categoría:Pavillóns de baloncesto de Turquía