Basilio Pedro IV AwgateanO seu apelido tamén aparece como Avkadian. O seu nome tamén como Parsegh Bedros e Basilus Petrus. (en , Barseġ Petros D. Awgatean (ISO 9985)), finado o 6 de febreiro de 1788, foi o 4º Patriarca de Cilicia da Igrexa Católica Armenia dende o 1 de decembro de 1780 até o seu pasamento.
Traxectoria Procedía de Alepo, e foi capelán dos antonianos armenios. Foi elixido patriarca o 1 de decembro de 1780 e confirmado o 6 de febreiro de 1781 no seu cargo. É considerado un patriarca moi espiritual na Igrexa Armenia. Durante o seu pontificado escribiu dez constitucións (ao xeito das papais) nas que regulou a relación entre o patriarca e os seus bispos.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Perfil en Catholic-Hierarchy.org Perfil na páxina web da Igrexa Armenia
Categoría:Patriarcas de Cilicia Categoría:Finados en 1788