Pseudorhombus é un xénero de peixes teleósteos da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos e familia dos paralictíidos.Pseudorhombus Bleeker, 1862 no WoRMS.
Trátase dun xénero de peixes planos que comprenmde varias especies que presentan unha boca dotada de grandes dentes e que, coa excepción de P. binii, encontrado nas augas do Pacífico suroriental, nas costas do Perú,Chirichigno, N. F. y J. Vélez D. (1998): Clave para identificar los peces marinos del Perú, (Seguenda edición, revisada y actualizada). Instituto del Mar del Perú, Publicación especial. habitan na rexión Indo-Pacífica. A especie máis grande do xénero alcanza os 40 cm de lonxitude.Froese, Rainer and Daniel Pauly, eds. (2014): Especies de Pseudorhombus en FishBase.
Algunhas das súas especies son de interese pesqueiro.
Taxonomía O xénero foi descrito en 1862 polo médico e ictiólogo danés Pieter Bleeker, nun trabllo publicado en Versl. Meded. Akad. Wet. Amsterdam, 13, 426.Pseudorhombus en NOMENCLATOR ZOOLOGICUS. Volume 1-10.
Etimoloxía O nome Pseudorhombus está formado polo elemento do latín científico pseudo-, derivado do grego antigo ψεῦδος pseữdos, "falso", e do nome específico rhombus, do peixe Scophthalmus rhombus (o curuxo), para indicar que, aínda que parecidos, non son igguais. Pola súa parte, rhombus, "rombo", deriva do grego antigo ῥόμβος rhómbos, que significa "algo que xira",ῥόμβος, en Henry George Liddell & Robert Scott, A Greek-English Lexicon, en Perseus. que deriva do verbo ρέμβω rhémbō, "xirar en redondo e redondo",ῥέμβω, en Henry George Liddell & Robert Scott, A Greek-English Lexicon, en Perseus. palabra que foi utilizada por Euclides e Arquimedes, queusaron o termo "rombo sólido" para describir a figura de dous conos que compartían a base, da que deriva o noso "rombo", figura xeométrica".The Origin of Rhombus {´n}}.
Sinónimo Ademais de polo nome Pseudorhombus que lle deu Bleeker, o xénero coñécese polo sinónimo Spinirhombus Oshima, 1927 (rombo espiñento).
Especies Na actualidade dentro do xénero Pseudorhombus a Fishase recoñece as seguintes 25 especies:
Pseudorhombus annulatus Norman, 1927 Pseudorhombus argus M. C. W. Weber, 1913 Pseudorhombus arsius (F. Hamilton, 1822) Pseudorhombus binii Tortonese, 1955 Pseudorhombus cinnamoneus (Temminck & Schlegel, 1846) . Rapante do Índico.Lahuerta e Vázquez (2000). Pseudorhombus ctenosquamis (Ōshima, 1927) Pseudorhombus diplospilus Norman, 1926 Pseudorhombus dupliciocellatus Regan, 1905 Pseudorhombus elevatus J. D. Ogilby, 1912 Pseudorhombus javanicus (Bleeker, 1853) Pseudorhombus jenynsii (Bleeker, 1855) Pseudorhombus levisquamis (Ōshima, 1927) Pseudorhombus malayanus Bleeker, 1865 Pseudorhombus megalops Fowler, 1934 Pseudorhombus micrognathus Norman, 1927 Pseudorhombus natalensis Gilchrist, 1904 Pseudorhombus neglectus Bleeker, 1865 Pseudorhombus oculocirris Amaoka, 1969 Pseudorhombus oligodon (Bleeker, 1854) Pseudorhombus pentophthalmus Günther, 1862 Pseudorhombus quinquocellatus M. C. W. Weber & de Beaufort, 1929 Pseudorhombus russellii (J. E. Gray, 1834) Pseudorhombus spinosus McCulloch, 1914 Pseudorhombus tenuirastrum (Waite, 1899) Pseudorhombus triocellatus (Bloch & J. G. Schneider, 1801)
Porén, outras autoridades, como o WoRMS e a EOL, admiten unha especie máis.Pseudorhombus na EOL.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, EE.UU: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2. Eschmeyer, William N., ed. (1998): Catalog of Fishes. Special Publication of the Center for Biodiversity Research and Information, núm. 1, vol. 1-3. San Francisco (California, Estados Unidos): California Academy of Sciences. ISBN 0-940228-47-5. Lahuerta Mouriño, F. e Vázquez Álvarez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8 Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
Outros artigos Pleuronectiformes Paralictíidos
Ligazóns externas Pseudorhombus en ITIS. Catalogue of Life: 2015 Annual Checklist. Pseudorhombus na EOL. Inclúe informacións, imaxes e mapas de distribución .
Categoría:Pleuronectiformes Categoría:Produtos da pesca