San Pedro de Parada é unha parroquia do concello de Cerdedo Cotobade. Segundo o IGE en 2012 tiña 56 habitantes (28 mulleres e 28 homes) distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 96 habitantes.
Patrimonio Hai un castro no que se levanta a capela do Pego, e petróglifos nos montes de Parada. Na estrada que vai de Chacente (O Campo Lameiro) a Parada pouco antes de chegar ó quilómetro 9 a uns 40 metros da beira esquerda sobre unha laxa de granito de grao fino situada a nivel do chan e cunha lixeira inclinación, obsérvanse bastantes figuras de cérvidos, xunto con combinacións circulares e figuras de varios tipos.
A ponte de Parada, no río Lérez, consérvase en bo estado. Á beira do río Lérez, por baixo da ponte do Pego existe un manancial de augas termais.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Parada
Parroquias de Cerdedo Cotobade
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Cerdedo Cotobade
Categoría:Parroquias de Cerdedo Cotobade Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Pedro