A igrexa de Santa María de Oza é un templo relixioso situado en Monelos, Oza (A Coruña).

Descrición miniatura|esquerda É unha igrexa con planta de cruz grega alterada pola adición da fachada, que ten tres tramos e frontón. O cruceiro está rematado por unha cúpula semiesférica.

O retablo ten partes de mármore e pezas procedentes do pazo de Xelmírez. No interior consérvase unha pía bautismal da capela.Santa María de Oza 1912

Historia A igrexa parroquial de Oza atopábase nunha pequena capela que quedara pequena para a poboación, polo que o arcebispado de Santiago de Compostela decidiu trasladar a sede.

A nova igrexa, obra de Faustino Domínguez Domínguez,PXOM inaugurouse o 2 de febreiro de 1863. Foi incendiada o 20 de xullo de 1936 cando principiou a Guerra Civil Española, polo que tivo que ser reconstruída en 1940.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Capela de Santa María de Oza

Ligazóns externas Ficha en Turgalicia Parroquia

Oza Santa Maria igrexa Oza