O Mytilus galloprovincialis, coñecido vulgarmente en galego como mexillón, ou como mexillón galego,. é unha especie de molusco bivalvo mariño da subclase dos pteriomorfios, orde dos mitílidos, superfamilia dos mitiloideos, familia dos mitílidos e subfamilia dos mitilinos, unha das oito integradas no xénero Mytilus.Mytilus Linnaeus, 1758 no WoRMS.
É unha especie invasora en moitas partes do mundo (está incluída na Lista das 100 especies exóticas invasoras máis daniñas do mundo),Lowe, S.; Browne, M.; Boudjelas, S. & De Poorter, M. (2000): 100 de las Especies Exóticas Invasoras más dañinas del mundo. Una selección del Global Invasive Species Database . Publicada polo Grupo Especialista de Especies Invasoras (GEEI) da Comisión de Supervivencia de Especies (CSE) da Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN).Mytilus galloprovincialis na Global Invasive Species Database (2020). Consultada o 18 de xaneiro de 2020. e tamén obxecto de culivo intensivo, a denominada mitilicultura.
Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1819 polo naturalista francés Jean-Baptiste Lamarck,Mytilus galloprovincialis Lamarck, 1819 no WoRMS.Mytilus galloprovincialis Lamarck, 1819 no ITIS, na súa obra Histoire naturelle des animaux sans vertèbres. Tome sixième, 1re partie. París.
Etimoloxía Linneo tomou o nome Mytilus do latín posclásico mytilus, variante do latín clásico mītulus, "mexillón", á súa vez derivado do grego helenístico μίτλος mítlos, derivado do grego antigo μυτίλoς mytílos, co mesmo significado.Mytilus no Merriam-Websterrs Unbraged Dictionary.mytilus en lexico.com, Universidade de Oxford.
O epíteto específico, galloprovincialis, refírese á provincia do Imperio romano Gallia Narbonensis, que comprendía o sueste da Galia.
Outros nomes populares galegos Ademais de mexillón, o nome máis empregado, e o recomendado pola Real Academia Galega, e o de mexillón galego, utilizado en contextos en que se precisa diferenciar doutras especies de mexillóns, nos portos galegos úsanse numerosísimas denominacións para este molusco, como se pode ver no monumental traballo de Ríos Panisse.
Nota taxonómica
Durante moitos anos considerouse a especie Mytilus galloprovincialis como conespecífica con Mytilus edulis. Hai pequenas diferenzas entre elas na forma da cuncha e na cor do bordo do manto; e aínda hoxe para algúns autores a súa separación en dúas especies distintas non está debidamente xustificada, dado que en zonas onde conviven xuntas ambas as especies prodúcense hibridacións.Rolán, Emilio e Jorge Otero-Schmitt (1996): Guía dos moluscos de Galicia.Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-072-1, p. 200.
Xa en 1957 Hepper identificou o M. galloprovincialis na costa sur de Inglaterra, identificación que foi confirmada por outros autores. No caso concreto do mexillón galego, estudos xenéticos levados a cabo por investigadores das universidades de Santiago e de Vigo a partir de 1970, corroboraron que a especie presente nas nosas costas —coma no resto das costas españolas— era o M. galloprovincialis e non M. edulis, como se admitía até entón.Ramos Martínez, Ignacio (2005): "El estudio de la biología de Mytilus: un ejemplo en investigación y desarrollo", en .
O complexo Mytilus edulis Realmente este problema afecta a un grupo de (polo menos) tres taxons de mexillóns estreitamente relacionados, coñecido como "o complexo Mytilus edulis". Colectivamente ocupan ambas as costas do Atlántico Norte (incluído o Mediterráneo) e do Pacífico Norte en augas desde temperadas a polares, así como costas de natureza similar do hemisferio sur. A distribución dos taxons compoñentes foi modificada recentemente como resultado da actividade humana (especies invasoras). Estes taxons poden hibridarse entre si, se están presentes na mesma localidade.
O complexo constitúeno: Mytilus edulis (sensu stricto): propio do Atlántico Norte. Mytilus galloprovincialis: habita no Mediterráneo, o mar Negro e as costas de Europa occidental. Foi introducido nas do Pacífico Norte temperado, nas de Suráfrica e noutras partes do hemisferio sur. Mytilus planulatus, o chamado mexillón azul de Nova Zelandia, unha liñaxe distintiva nativa do hemisferio sur ao longo da costa sur de Australia, Tasmania e Nova Zelandia. Non confundir con Perna canaliculus. Mytilus platensis (sinónimo M. chilensis): habitante das augas temperadas e subantárticas de América do Sur e as Illas Kerguelen. Mytilus trossulus: do Pacífico Norte, partes do norte do Atlántico e o mar Báltico.
Distribución miniatura|250px|M. galloprovincialis na rexión sublitoral.
É orixinario das costas mediterráneas e do mar Negro, e das do Atlántico, en España, Portugal, norte de Francia, illas Británicas e Noruega. Recentemente esta especie tamén se encontrou no Ártico europeo, incluíndo o norte de Noruega e as illas Svalbard.
Pero estableceuse en numerosos lugares das rexións temperadas de todo o mundo, debido a introducións polos humanos, e tamén a través dos cascos de barcos e ao desaugamento de auga de lastre. Esta difusión tivo un grande impacto sobre as comunidades de mexillóns autóctonos de ditas zonas.
No Pacífico Norte a especie atópase ao longo da costa de California, onde foi introducida desde Europa pola actividade humana a principios do século XX, e tamén na rexión Puget Sound do Estado de Washington, onde é obxecto de acuicultura.Thomas J. Hilbish, Pamela M. Brannock, Karlie R. Jones, Allison B. Smith, Brooke N. Bullock and David S. Wethey (2010): "Historical changes in the distributions of invasive and endemic marine invertebrates are contrary to global warming predictions: the effects of decadal climate oscillations". Journal of Biogeography 37: 423–431. Tamén está presente como especie invasora na costa asiática e en todo o Xapón, incluíndo as illas Ryukyu, así como en Corea do Norte,Mytilus galloprovincialis www.nies.go.jp e ao redor de Vladivostok na Federación Rusa.
Mytilus galloprovincialis tamén está presente como liñaxe nativa en partes do hemisferio sur. Ademais hai poboacións introducidas recentemente desde o norte pola actividade humana. Estas liñaxes distínguense polos caracteres xenéticos. Non había poboacións orixinais de Mytilus en Suráfrica, pero M. galloprovincialis foi introducido desde Europa en 1984, e agora é o mexillón intermareal dominante na costa occidental. A súa distribución abrangue unha área desde a fronteira con Namibia até Port Alfred (provincia do Cabo Oriental).Branch, G. M.; Branch, M. L.; Griffiths, C. L. & Beckley, L. E. (2005): Two Oceans: a guide to the marine life of southern Africa. Cape Town / Johannesburg: Struik Publishers (Penguin Random House South Africa). ISBN 978-1-7700-7633-4. M. galloprovincialis tamén se encontra en Nova Zelandia, Australia e Suramérica.
Características Este animal alcanza até os 140 mm de lonxitude. É un mexillón de cuncha lisa cunha base lixeiramente máis ampla que a de Choromytilus meridionalis, co que adoita confundirse en Suráfrica. A súa cuncha é de cor azulada ou negra, pero pode ter unha tonalidade parda clara.Day, J. H. (1969): Marine Life on South African Shores. Cape Town: Published for the University of Cape Town, por A. A. Balkema. Ás veces presenta bandas amarelas, e son raros os espécimes co exterior da cuncha de cor clara.
É moi semellante a Mytilus edulis, do que o separan os seguientes caracteres:Mytilus galloprovincialis (Lamark, 1819). FAO. Departamento de Pesca y Acuicultura. Programa de información de especies acuáticas . Consultada o 15 de xaneiro de 2020.
miniatura|250px|Piña de mexillóns na fenda dunha rocha, rodeados de arneiros, na costa de Camariñas.
Os umbos, dando unha volta cara a abaixo, tenden a facer cóncava a liña basal da cuncha. As valvas son máis altas e menos angulares na marxe superior e tenden a crecer máis. O bordo do manto é máis escuro, facéndose azul ou púrpura.
A cuncha, globosa, ovoidea, ten as dúas valvas simétricas, sen dentes nos bordos ou só con esbozos deles. En Galicia alcanza os 120 mm de lonxitude, aínda que os exemplares que viven nas rochas da costa, na rexión intermareal, non alcanzan o tamaño dos que viven nas bateas. Poden encontrarse tamén na rexión infralitoral, entre grandes algas e fixados ás pedras, podendo nestes fondos acadar un gran tamaño, e teñen unha forma moi irregular e son máis anchos. Nas costas expostas é moi abundante, aparecendo en piñas nas fendas das rochas; estes espécimes son máis pequenos que os que viven no fondo, e moito máis pequenos que os que se cultivan nas bateas.
A cor das valvas é azulada ou moura, ás veces con bandas amarelas, sendo raros os espécimes de cuncha de cor clara. Existen moitas formas desta especie, que varían segundo o hábitat e a súa distribución xeográfica.
O animal (a parte que se come), e que en gastronomía se denomina vianda, está totalmente cuberto por un gran manto de cor alaranxada clara co bordo negro. O pé é pequeno, e dispón dunha glándula que segrega uns finísimos filamentos adhesivos que constitúen o biso, co que o animal se fixa ás rochas ou a outros substratos duros.
Ameazas: enfermidades e depredadores
Enfermidades Mytilus galloprovincialis pode ser afectado polas seguintes enfermidades: Marteiliase, marteiliose ou enfermidade de Aber, debida á infestación polos protozoos Marteilia maurini e M. refringens, que ocasiona perda de pigmentación dos tecidos viscerais, que se volven de cor amarela pálida, o manto algunhas veces faise translúcido, o crecemento da cuncha pode cesar, e a carne aparece contraída e viscosa. Non hai tratamentos dispoñíbeis, polo que se debe evitar a transferencia de individuos desde as áreas infestadas. Enfermidade do 'verme vermello', ocasionada polo copépodo Mytilicola intestinalis, un organismo comensal que se pensaba que non afectaba aos mexillóns, e para a que tampouco hai tratamento dispoñíbel.
Porén, ningunha destas enfermidades causa danos serios ao cultivo de M. galloprovincialis.
Depredadores miniatura|250px|M. galloprovincialis rodeados por especies asociadas. As especies asociadas que se encontran nos bancos naturais de mexillón son aquelas que viven nas praias intermareais rochosas, tales como algúns cirrípedes (Balanus sp.) e algas (Enteromorpha sp.). Entre os depredadores do mexillón están os cangrexos, (como Carcinus maenas), as estrelas de mar (como Asterias rubens) e varias especies de aves mariñas.
As especies asociadas que colonizan os mexillóns que crecen sobre as cordas suspendidas das bateas, fano por medio de larvas planctónicas ou que se arrastran lentamente, e que corresponden a crustáceos tales como o decápodo Pisidia longicornis, anfípodos (como Phtisica marina e Eurystheus maculates), ascidias (como Ascidiella aspersa e Ciona intestinalis) e especies incrustantes tales como balánidos e vermes poliquetos (como Elminius modestus e Pomatoceros sp.). Estes organismos compiten entre eles polo espazo e polo alimento, e algúns poden invadir as cunchas dos mexillón. O dano causado por cangrexos e estrelas de mar é leve, pero ocasionalmente A. rubens e Nucella lapillus, un gasterópodo, poden encontrarse sobre as cordas. Algúns peixes, tales como o sargo, Diplodus sargus, e a dourada, Sparus aurata, da familia dos espáridos, ocasionalmente danan aos mexillóns adultos rompéndolles a cuncha e, ademais, tamén comen a mexilla.
Cultivo
A miticultura, ou mitilicultura,Entrada "mitilicultura" en Digalego.com é o cultivo industrial do mexillón, unha actividade marisqueira dirixida e controlada polo ser humano sobre artefactos flotantes, denominados bateas, fondeados nas augas costeiras. Na actualidade é unha das principais actividades económicas de numerosas poboacións da costa galega, especialmente nas rías Baixas.
O mexillón de Galicia