O termo gótico indica :
un adxectivo que designa os Godos: un antigo pobo medieval de orixe xermánica, e máis especificamente a súa lingua, o gótico, así como o alfabeto gótico utilizado para notar esta lingua e numeración gótica, o seu sistema de numeración; o sobrenome de Claudio II: un emperador romano, ao que alcuñaron o Gótico para celebrar a súa vitoria de Naissus (hoxe Niš en Serbia) contra os Godos en 268; O estilo artístico gótico, de fins da Idade Media: a arquitectura gótica: un estilo de arquitectura europea de finais do período medieval (chamado así pexorativamente durante o Renacemento) e as súas derivacións modernas (como o neogótico); a pintura gótica: un período da pintura occidental; a escultura gótica: un período da historia da escultura. a escritura gótica: unha grafía do alfabeto latino habitual a finais da Idade Media (cómpre non confundirmos esta grafía latina coa escritura gótica ben máis antiga e baseada sobre outro alfabeto inspirado dos alfabetos grego, latino e rúnico); a novela gótica: un xénero de literatura inglesa nado no século XVIII, e que continuou ata os séculos XIX e XX; a grafía fraktur: unha grafía latina inspirada na grafía gótica utilizada en Alemaña ata os anos 1940; o movemento gótico: unha subcultura de finais do século XX, ver tamén música gótica, moda gótica.
az:Qotika eu:Gotiko zh:哥特