San Cibrao de Chapa é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda. Segundo o padrón municipal de 2011 tiña 159 habitantes (73 mulleres e 86 homes), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 171 habitantes.
Nesta parroquia conflúen as estradas N-525 (Ourense-Santiago de Compostela) e N-640 (Lugo-Vilagarcía de Arousa). Amais está atravesada pola autoestrada AP-53.
Historia e patrimonio Nesta parroquia existiu un hospital de peregrinos, dedicado a Nosa Señora da Consolación, así como un castelo, que foi destruído en 1320. Á parte da igrexa de San Cibrao, do século XVII, destaca a capela de San Brais, construída no século XVIII. Foi capital e deu nome ao concello entre 1835 e 1853, cando cambiou esta condición por Silleda.
Nesta parroquia naceu en 1901 o pintor Manuel Colmeiro Guimarás.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Chapa
Parroquias de Silleda
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Silleda Ligazóns externas Ficha de Chapa na web municipal de turismo
Categoría:Parroquias de Silleda Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Cibrao