San Martiño de Dornelas é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda. Segundo o padrón municipal de 2011 tiña 144 habitantes (77 mulleres e 67 homes), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 179 habitantes.

Historia Xunto coa parroquia de Cira dependeu sempre da arquidiocese de Santiago de Compostela. Por Dornelas atravesa a vía da Prata cara a Santiago de Compostela.

Desta parroquia eran naturais os irmáns Adolfo e José María Calveiro Couto.

Patrimonio A igrexa de San Martiño de Dornelas é románica. É singular a ábsida semicircular que se considera distinta do románico compostelán. Na súa construción traballaron canteiros formados no taller do mestre Mateu, que dirixía naquela época as obras da catedral.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Dornelas

Parroquias de Silleda

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Silleda Ligazóns externas Ficha de Dornelas na web municipal de turismo

Categoría:Parroquias de Silleda Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Martiño