San Salvador de Setecoros é unha parroquia que se localiza no concello de Valga. Segundo o IGE, en 2022 tiña 687 habitantes (339 homes e 348 mulleres), o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 882 habitantes.

Patrimonio A igrexa parroquial é neoclásica, do século XVI (rematada en 1701), pero conserva varios capiteis de mármore antigos, dos séculos V e VI. Algúns deles consérvanse no museo da Catedral de Santiago e no museo de Pontevedra.

Consta dunha nave rectangular e unha ábsida a menor nivel cá nave, con contrafortes no punto de unión. Os muros laterais son lisos, con dúas xanelas de arco apuntado por cada banda e unha porta lateral moldurada alintelada. A sancristía está acaroada ao sur.

A fachada está dividida por cartro pilastras rematadas nun frontón triangular con óculo central simulado. ten portada en arco de medio punto moldurada. A torre - campanario lateral ten dous corpos, e está rematada en cúpula.

No lugar do Pino hai un peto de ánimas.

Lugares e parroquias Lugares de Setecoros

Parroquias de Valga

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Valga

Categoría:Parroquias de Valga Categoría:Localidades do Camiño Portugués Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Salvador