Santa María de Alvidrón é unha parroquia do concello de Antas de Ulla. Segundo o IGE en 2009 tiña 46 habitantes (27 homes e 19 mulleres), once menos ca en 1999. Ten tres entidades de poboación: Alvidrón, Feás e Mancegar.

Xeografía Está situada ao norte do concello, separada polo río Ulla do concello de Palas de Rei no lugar da Ponte Mercé. Toponimia O topónimo Alvidrón ten orixe no antropónimo latino Arbitrio.

Patrimonio A súa igrexa parroquial é orixinalmente románica do século XII, conservando desa época canzorros nas ábsidas e a porta principal, con tripla arquivolta de medio punto, sendo sostida a maior delas por columnas acobadadas rematadas por capiteis con motivos vexetais. Un dos canzorros, coñecido como A Nugalla, é antropomórfico, cunha man na boca e outra entre as pernas.

Festas Celebra festas patronais na honra de san Brais (3 de febreiro) e tamén por santo Antón (13 de xuño).

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Alvidrón

Parroquias de Antas de Ulla

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Antas de Ulla

Categoría:Parroquias de Antas de Ulla Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María