miniatura|263x263px|Chile chipotle. O chile chipotleO termo chipotle non aparece en dicionarios galegos. (tamén chamado de chilpotle, do náhuatl: chilpoctli ou xipoctli, que significa chile afumado) é un tipo de chile (pemento pequeno e picante) que se deixou madurecer até minguar, para despois ser afumado e adubado.
Este produto, cuxo uso transcende o ámbito mexicano, elabórase a partir dun chile e diversos adubos e no seu estado final ten un aspecto marrón avermellado, con aroma moi picante e sabor complexo. Os chipotles pódense mercar enlatados ou a granel en moitas tendas e mercados de México. En ocasións tamén se poden conseguir recentemente preparados, usualmente en adubados con tomate e piloncillo (masa doce de cana de azucre), e en tal caso son zumentos.
Aínda que a variedade de chile máis común para facer chipotle é o xalapeño, tamén se usa o chile mora, o morita e o pasilla.
O cronista Bernardino de Sahagún (misioneiro castelán do século XVI) conta que o chile afumado, chamado tamén daquela pochchilli e hoxe en día chipotle, podíase atopar no mercado de Tlatelolco, na Cidade de México, no século XVI.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Chile serrano Capsicum chinense (chile habaneiro) Pemento xalapeño Escala Scoville
Categoría:Pementos Categoría:Gastronomía de México