Eusebio, nado en Sardeña ou en Acaia,Melgar (2004), p. 68 foi un papa do século IV. Exerceu o seu cargo de bispo de Roma do 18 de abril de 309, data da súa entronización, ao 17 de agosto de 309, data do seu falecemento.

Traxectoria Foi o sucesor de Marcelo. O seu reinado foi breve: o Catálogo Libériano non lle dá máis que unha duración de catro meses, do 18 de abril ao 17 de agosto do ano 310. Coñécense algúns detalles da súa carreira grazas a un epitafio sobre a súa tumba feita sobre a orde do papa Dámaso, epitafio que conservaron transcricións antigas.

Durante o seu pontificado, as controversias sobre os apóstatas continuaron, levando a Igrexa á beira do cisma. Conseguiu manter posicións firmes pero actuou con gran caridade.

Desterrado por Maxencio, sufriu o martirio en Sicilia e foi soterrado no cemiterio ou catacumba de san Calixto.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Páxina sobre Eusebio na Catholic Encyclopedia .

Categoría:Papas Categoría:Finados en 309