José Antonio Quiroga Díaz, nado no Saviñao en 1960, é un profesor e político galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria Licenciado en Xeografía e Historia. Foi profesor no IES Lama das Quendas de Chantada (1988-1998), director de EETT Terras do Saviñao (1993-1996), profesor e director do Colexio Dr. López Suárez (2000-2004), e despois director provincial SPEE-INEM da provincia de Lugo (2004-2011) e do Ecomuseo de Arxeriz.
Foi concelleiro no Saviñao (1995-2015) polo PSdeG-PSOE, sendo o cabeza de lista da formación nese período. Posteriormente foi deputado no Parlamento de Galicia pola provincia de Lugo (2016-2018), así como Secretario de Organización do PSdeG (2017-2021). Dende 2018 é presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil.«A medio prazo habería que pensar en desmantelar encoros dos ríos»
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha no Parlamento de Galicia.
José Antonio Quiroga Díaz será el nuevo presidente de la Confederación Hidrográfica del Miño-Sil
Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Concelleiros do Saviñao Categoría:Concelleiros de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Deputados da X Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Nados no Saviñao Categoría:Nados en 1960 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes