Hauteville-la-Guichard é unha poboación e comuna francesa situada na rexión de Normandía,Desde o 1 de xaneiro de 2016 as antigas dúas rexións administrativas da Alta Normandía e a Baixa Normandía (onde estaba a vila) reunificáronse nunha única rexión, Normandía. Véxase o artigo Rexións de Francia. departamento da Mancha, distrito de Coutances e cantón de Saint-Sauveur-Lendelin.
Xeografía Hauteville-la-Guichard esténdese por unha superficie de 11,98 km². En 2013 a comuna tiña 454 habitantes,Commune de Hauteville-la-Guichard (50232). Censo de 2013, INSEE. o que representa unha densidade de 38 hab./km².
Despois dunha cesión de terreos en 1825 á comuna de Montcuit, a superficie de Hautteville-la-Guichard reduciuse a 1 198 hectáreas, 37 áreas e 8 centiáreas.
O territorio inclúe numerosas aldeas: Hauteville-la-Guichard (a vila principal), o Mont, o Châteaus, e a Maiseon Blanche, entre outros.Hauteville-la-Guichard en Géoportal.
Historia do nome Orderic Vital, no século XII, fala dun señor de Hauteville, Tancredo de Galilea, un dos varios Tancredos de Hauteville, nacido en 1072 ou 1076 e morto en 1112), un dos líderes da Primeira Cruzada, que foi príncipe de Galilea e rexente do Principado de Antioquía, e que era neto de Robert Guiscard. Este señor engadiría ao seu nome patronímico o nome da terra que ocupaba, segundo o uso nesa época, designación que non foi elixida ao chou, senón adoptada polo bo sentido popular e utilizada como un nome común desde que o territorio estivo habitado: Altavilla (en latín). Este nome, que se pode traducir como "vila sobre un outeiro", é adecuado. De feito, se nos situamos nalgúns lugares do municipio, como na aldea de Mont, por exemplo, a vista abarca unha extensión considerábel.Louise Flattet (2012): Hauteville-la-Guichard, le pays des Tancrède – Des origines à 1938. Éditions Eurocibles. ISBN 978-2-3545-8013-1.
A segunda parte do nome da comuna, Guichard, sería unha deformación de Robert Guiscard,René Lepelley (1966): Dictionnaire étymologique des noms de communes de Normandie Condé-sur-Noireau, Éd. Charles Corlet. ISBN 978-2-9548-0455-4, p. 143. un dos fillos de Tancredo de Hauteville, que naceu nun lugar chamado la Cave contra 1015. De feito, é tradicional considerar Hauteville-la-Guichard como lugar de orixe de Robert Guiscard, pero sen que haxa unha evidencia certa, porque a diocese de Coutances, no Cotentín, tiña tres parroquias co nome de Hauteville.
Porén, segundo a pouillé (rexistro eclesiástico) de 1280,pouillé nome masculino (do francés medio pouille, especie de renda, do latín polyptycha, rexistro) No Antigo Réxime, táboa dos beneficios dependentes dun curato, dunha abadía, dunha diocese ou dunha provincia. Traducido do dicionario Larouse en liña. o determinante la-Guichard refírese máis ben a un certo Guichard de Montfort, daquela cura da parroquia,François de Beaurepaire (1986): Les noms des communes et anciennes paroisses de la Manche. Paris: Picard ISBN 978-2-7084-0299-4, p. 133. dunha familia de orixe bretoa (Montfort-sur-Meu, Ille-et-Vilaine), pero establecido na rexión (señores do pequeno feudo de Montfort en Heugueville-sur-Sienne, cuxo nome sería levado a Remilly-sur-Lozon polos Les Marquetel).Léonor de Mons (2013): "Les grands lignages seigneuriaux dans le bailliage de Cotentin au Moyen-Age" en "La vie et l'administration d'une grande seigneurie au Moyen-Âge et à l'Epoque moderne", Revue de la Manche, tomo 55, fascículos 221-222, 3º e 4º trimestres de 2013, p. 26. Con todo cómpre mencionar que varios outros personaxes de Cotentín levaron o apelido Guischart, sen que se poida determinar se algúns deles eran parentes de Robert Guiscard, e ningún viviu en Hauteville-la-Guichard.Yves Nédélec (1974): "Quand le déterminatif la Guichard est-il apparu dans le toponyme Hautteville-la-Guichard?", 3 pp., publicación anónima.
Personalidades relacionadas coa comuna Casa de Hauteville: Tancredo de Hauteville, señor do Cotentín e algúns dos seus fillos, mercenarios normandos do século XI, que están na orixe do Reino de Sicilia, entre eles: Godofredo de Hauteville, señor de Hauteaville e conde de Loritello, morto en 1063. Guillerme Brazo de Ferro, conde de Puglia, morto en 1046. Drogo, conde de Puglia, morto en 1051. Hunifredo, conde de Puglia, morto en 1057). Robert Guiscard, conde de Puglia e Calabria (1057), e despois duque de Puglia, Calabria e Sicilia. Morreu en 1085. Mauger de Hauteville, conde de Capitanato, morto en 1064. Guillerme de Hauteville, conde do Principado, morto en 1080. Roxerio I de Sicilia, conde de Sicilia desde 1072 até a súa morte en 1101. Roxerio II de Sicilia (1095-1154), fillo do anterior e primeiro rei de Sicilia. Jean Héroard, nacido en 1551 en Hauteville-la-Guichard e finado en 1628, médico e anatomista.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Casa de Hauteville Normandos Tancredo de Hauteville Roxerio II de Sicilia
Categoría:Xeografía de Francia