Ramiro Martínez López, coñecido como Zapateiro, nado no Areal (Cabanas) o 5 de abril de 1903, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria Veciño do Peón da Pedra (Laraxe). Na II República detivérono en xaneiro de 1934 por participar nunha reunión clandestina da CNT en Neda.El Pueblo Gallego, 30-1-1934, p. 15. Logo da vitoria da Fronte Popular en febreiro de 1936 foi nomeado concelleiro de Cabanas. Escapou ao monte ao producirse o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936. Integrouse no grupo de José Vázquez Mauriz e foi un dos coordinadores dos primeiros grupos guerrilleiros da comarca do Eume. Despois integrouse na IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia. Desertou da guerrilla en xaneiro de 1947 e entregouse ás autoridades. Pero ao non querer denunciar a ninguén, tivo que volver fuxir ao monte. Acabou tolo e foi detido o 10 de maio de 1951. Xulgado en Ferrol en consello de guerra o 24 de abril de 1952, foi condenado a 20 anos de prisión. Indultado, saíu en liberdade provisional en 1957.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas

Ficha en Memoria da Couña

Categoría:Concelleiros de Cabanas Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Nados en Cabanas Categoría:Nados en 1903 Categoría:Finados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes