Nos escorpións chámase peite (en latín científico pecten) a cada unha das estruturas lamelares e móbiles, en forma de peite, que son modificacións dos apéndices do terceiro segmento do opistosoma. Teñen funcións táctiles mecanorreceptoras e quimiorreceptoras de contacto, e están situadas na cara ventral do animal do mesosoma (a parte ancha do opistosoma, ben diferenciada do metasoma, rexión estreita e cilíndrica formada por cinco segmentos mais o telson e vulgarmente coñecida como cola).pente (Arthropoda:Arachnida), en Garrido, Carlos (1977): Dicionário terminológico quadrilíngue de zoologia dos invertebrados. A Corunha: Associaçom Galega da Língua. ISBN 84-87305-12-1.Escorpión en Wikifauna.
Son órganos sensoriais situados un en cada lado da chamada placa pectínea, na zona ventral do escorpión. O seu nome é consecuencia da similitude que a súa forma ten cos peites. Están formados por tres filas de placas lonxitudinais, entre as cales a placa basal media e os fulcros son significativos para a sistemática dos xéneros e as especies.peines. Anatomía del alacrán. En geocities.ws
Os peites son captadores sensoriais que informan aos escorpións, palpando, da composición da superficie examinada, a súa humidade e a súa temperatura.peine, en Estructura y función de los escorpiones. En jazmin-lavin.blogspot.com.es
Notas
Categoría:Anatomía dos artrópodos Categoría:Termos zoolóxicos