José da Silva Bartolomé, Moreno, finado en Trasmonte (Oroso) o 14 de outubro de 1946, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria Acusado de realizar accións propagandistas contra o réxime o 14 de abril e o 1 de maio de 1946, foi declarado en rebeldía. Incorporouse á guerrilla xunto con Claudio Díaz Milia entre o 16 e o 19 de maio a través de Manuel Bello Parga e pasou a formar parte do destacamento Santiago Álvarez da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia. Cando Claudio Díaz Milia desertou o 28 de xullo, a guerrilla comezou a sospeitar que José da Silva podía ser un infiltrado e ser o responsable da caída de Marcelino Rodríguez Fernández. Foi fusilado por orde de Manuel Ponte o 14 de outubro de 1946 en Trasmonte (Oroso). Xunto ao seu cadáver apareceu unha nota escrita:

Vida persoal

Casou con Carmen Boo Pato.

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Finados en 1946