Manuel Vilar Arnoso, Manolito, nado no Sartego (Fene) e finado en Oza dos Ríos o 9 de marzo de 1952, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria Carpinteiro, traballaba en Bazán. Desertou do Exército en 1949 e integrouse na guerrilla. Enlace de Benigno Andrade García, trasladouse con el á zona de Betanzos despois do desmantelamento do destacamento Manolito Bello da V Agrupación. O 9 de marzo de 1952 foron capturados nunha cova da Costa (A Regueira, Oza Cesuras) onde estaban refuxiados. Benigno Andrade, ferido, foi detido, e a Manuel Vilar aplicáronlle a "lei de fugas" disparándolle dúas balas na cabeza.

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Nados en Fene Categoría:Finados en 1952 Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes